8 maio , 2024
Xa coñecen tamén á gran Alice Guy a rapazada dos institutos de Fafe en Portugal. Fermoso o seu teatro cine que este ano fai un século. Grazas a Cámara Municipal de Fafe e ao departamento de Lingua Castelán nos centros educativos por convidarme!
19 marzo , 2024
Tarde de cine no Museo Interactivo da Historia de Lugo! Que ben volver contar unha vez máis a historia da nai do cinema. Grazas por todo!!! Ata a próxima historia
Grazas ao Nós Diario por por reseñar a actuación:
8 marzo , 2024
Que mellor cousa para celebrar o Día Internacional da Muller que contar a esquezida historia de Alice Guy, a verdadeira creadora do cinema!
Grazas ao CPI Pecalama de Tordoia por convidarme nesta data tan especial!
Alice Guy foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia, ademais foi actriz, guionista, deseñadora de vestiario, cámara, produtora, cómica, maga e moito máis…
27 novembro , 2023
Grazas ao CEIP de Viñas en Poio e Andrea Bayer por pensar en min para rematar as actividades do 25N. A seguir gozando co cine!!!
Alice Guy foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia, ademais foi actriz, guionista, directora, deseñadora de vestiario, cámara, produtora, cómica, maga e moito.
2 novembro , 2023
Quedou tarde de cine!! Grazas a Cultura e Turismo de Lugo, a o Museo da historia e aB iblioteca Municipal por permitirme contar a historia da fascinante Alice Guy, a nai do cinema. Visibilizar o contributo das mulleres ocultas durante séculos é importantísimo e moi necesario para medrar con referentes femininas e poder vibrar en harmonía como mulleres libres.