Na túa man. Contos pola igualdade

4 marzo, 2022

Estrea en Caldas de Na túa man. Contos pola igualdade

Grazas profes e rapazada pola agarimosa acollida.
Grazas ao Concello de Caldas de Reis e ao Centro de Información á Muller, Ana, por seguir confiando en min.


“NA TÚA MAN. Contos pola igualdade”

Nellie Bly foi a primeira reporteira de periodismo de investigación e pioneira do xornalismo encuberto. Remexeu as conciencias coas súas atrevidas e perigosas reportaxes.
Aquela mañá por baixo da porta da reporteira entrou unha nota anónima, “na túa man” poñía…
Ao longo dunha inesperada investigación iremos descubrindo historias e relatos para poñer en valor o respecto , a tolerancia, e a comunicación dentro das relacións entre as persoas.

Desmitificaremos o mal chamado “amor romántico” para dar a coñecer o fenómeno da violencia de xénero, incidiendo nas causas, tipos e consecuencias.
Viaxaremos na procura de novos modelos saudábeis de parella. Atoparemos mulleres fortes e decididas, e homes que poden expresar outras emocións que non sexan a rabia e a ira, que está ben mostrar tenrura, e que coidar tamén é cousa de homes.
O cambio está nas nosas mans, o cambio está NA TÚA MAN.

X