Caso pechado en Vilagarcía

26 xuño, 2021

Veño de pechar un caso, “Caso pechado” dentro da gran programación de Vilagarcía
Cidade de Libro, cun público perspicaz!!
Moitas grazas por encher todas as cadeiras e metervos nas historias de cabeza.
Grazas á Xuventude e ao Concello de Vilagarcía pola confianza no meu traballo. Grazas a Isa de Culturactiva por estar pendente de todo. Grazas ao equipo técnico, Carlos, Carlos e Tato, sempre hai un plan B . E por suposto, grazas e grazas ás pequechas e pequechos que hoxe durmirán con mamá e papá. Que soñedes ben!!

Aquí deixo todo o programa, para non perder. ¡¡¡Moitas grazas por contar comigo, foi un auténtico pracer!!!

 

 

X