Cinema de historias da man de Alice Guy en Fafe (Portugal)

Xa coñecen tamén á gran Alice Guy a rapazada dos institutos de Fafe en Portugal. Fermoso o seu teatro cine que este ano fai un século. Grazas a Cámara Municipal de Fafe e ao departamento de Lingua Castelán nos centros educativos por convidarme!

Raposadas en Pazos de Borbén

Que pracer voltar a Pazos de Borben co espectáculo Raposadas. Foi o pasado venres día 26 de abril ás 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén. Esta actividade forma parte do Programa de Animación á Lectura e Dinamización da Lingua Galega de 2024 da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén – BiblioPazos coas que conmemoran o Día mundial do libro e o dereito de autor que se celebrou en todo o mundo o día 23 de abril. No público encontrábanse os usuarios da Asociación Aspavi e o alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI Curros Enríquez de Pazos.

Grazas por todo José Manuel! (e tamén polas fotos e os videos)

Travesías na Feira do Libro de Soutomaior

Travesías. Aventuras de libro: o meu espectáculo de contos cheo de mulleres piratas, de dragóns, da familia e, sobre todo, de moitas aventuras, foi o colofón desta mañán do 27 de abril da Feira do Libro de Soutomaior.

Na túa man no CEIP San Xoan de Filgueira

Que alegría volver contar no cole San Xoan de Filgueira de Ferrol. Esta vez compartindo a incríbel historia da gran Nellie Bly.

Aquí un alumno dándome un agasallo, un calendario do cole especial, con códigos QR para escoitar o fabuloso programa de radio que fixeron. Parabéns!

E foto miña cos libros recomendados sobre esta gran pioneira do xornalismo e aventureira, para seguir festexando o Día do Libro.

A orixe en Portonovo

E continuo a celebrar o Día do Libro. Esta tarde na Biblioteca de Portonovo (no concello de Sanxenxo), ou mellor dito, na praza a carón da biblioteca, xa que facia tan bo día que apetecia estar fora. Moi ben o pasamos!!!

Caso pechado no IES Espiñeira de Boiro

Onte pola mañán celebrando o Día do Libro.  Moito gocei contando  os relatos de misterio clásicos de Caso pechado no IES Espiñeira de Boiro. Grazas por escoitar!!

O xogo de Nano na Laracha

Grazas ao Concello da Laracha  por contar con O xogo de Nano para programación do Mes do libro 2024 na Biblioteca da Laracha.

Treboada no Real Mosteiro de Oia

Fantástica xornada chea de actividades no Real Mosteiro de Oia, celebrando o 400 aniversario da batalla no que loitaron os monxes contra os piratas berberiscos, llamada Treboada polos sons dos canóns.

Que fermoso e máxico lugar é o Monasterio de Oia!, non deixedes de visitalo se tendes a ocasión!

As chaves de Lu no CEIP Atocha de Betanzos

E continuo a lembrar a obra de Luísa Villalta, que foi poeta, narradora, dramaturga, ensaísta, filóloga, violinista, e profesora. Despois da estrea de onte, regresei a Betanzos, nesta volta ao CEIP Atocha.

Grazas ao colexio polas suas fermosas verbas!

Estrea de As chaves de Lu en Betanzos

Así foi a estrea de As chaves de Lu no CEIP Francisco Vales Villamarín de Betanzos.

Pasamos a mañá entre os seus versos, a música de violino, e dramatizando algunha das súas obras teatrais e narrativas. Vivir o teatro de Luisa Villalta para coñecela mellor!  Que grande autora das nosas letras!

Raposadas na Casa da Cultura de Queiruga

Que ben o pasamos hoxe na Casa de Cultura de Queiruga, no Porto do Son. Ali xuntaronse a rapazada da da EEI Queiruga,  o CEIP Seráns e a EEI Carballosa para gozar do meu espectáculo de contos Raposadas.

Travesías na Casa-Museo Manuel María

Hoxe arrivei coa miña nave a Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei. Que ledicia voltar a este precioso espazo adicado ao poeta Manuel María!

Museo nun cordel. Colexio Emma

Onte o Colexio Pluringüe Emma de Santiago visitou o Museo de Pobo Galego. Grazas polas vosas verbas!

¡Canto aprendemos e que ben o pasamos no Museo do Pobo Galego con Queliña! Visita dinamizada para achegar aos máis peques ao amplo mundo do patrimonio inmaterial, non só a través de contos, lendas ou adiviñas, senón tamén á literatura de cordel.

A orixe en San Sadurniño

Festexamos o Día do libro infantil e xuvenil contando na Casa da Cultura de San Sadurniño coas máis cativas do cole. Unha proposta para descubrir o mundo en que vivimos a través das lendas e contos doutros lugares, pero tamén para fomentar o amor polos libros e a lectura que, ao cabo, é unha maneira de formar persoas adultas libres, solidarias e respectuosas coas demais. Grazas, Ana, polas fotos tamén

Este espectáculo encádrase nas actividades da Biblioteca Municipal “Lendo En San Sadurniño” a través do programa Ler Conta Moito da Consellaría de Cultura.

Chimpo de ra en Tordoia

Así de ben o pasamos con Chimpo de ra no Punto de Atención a Infancia de Tordoia.

Grazas ao Concello de Tordoia e a Deputación da Coruña por facelo posible!

Chimpo de ra en O Barqueiro, Mañón

E de chimpo en chimpo, Nano e máis eu chegamos a Mañón. Grazas a biblioteca do Barqueiro polas fermosas verbas:

Grazas a Raquel Queizás e a todas e todos os que celebráchedes hoxe con nós, o Día da Narración Oral. Os contos son esenciais na infancia e da gusto a xente que os conta tan ben como Raquel.

Na túa man no CEIP Mondariz Balneario

Continuamos coas celebracións e reinvindicacións do 8 de Marzo, o Día Internacional da Muller. Moito foi feito, mais inda queda moito por facer.

Grazas ao profesorado no CEIP Mondariz Balneario por contar comigo!

Neste espectáculo de narración Na túa man, desmitificamos o mal chamado “amor romántico” para darmos a coñecer o fenómeno da violencia de xénero, incidindo nas causas, tipos e consecuencias. Viajamos na procura de novos modelos saudábeis de parella. Atopamos mulleres fortes e decididas, e homes que poden expresar outras emocións que non sexan a rabia e a ira, que está ben mostrar tenrura, e que coidar tamén é cousa de homes.

O cambio está nas nosas mans, o cambio está NA TÚA MAN!

Somos iguais e Na túa man no Pereiro de Aguiar

Moitas grazas o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello do Pereiro de Aguiar por seguir programando en prol da igualdade: 2 sesións de Somos iguais e 1 de Na túa man no CEIP Pecalama (6 de marzo) e 1 sesión 1 de Na túa man no  Colexio Guillelme Brown (12 de marzo)

Grazas tamén polas fermosoas verbas:

A ARTE DE CONTAR HISTORIAS: RAQUEL QUEIZÁS. A comunidade educativa do Pereiro puido gozar da maxia e poder narrativo da contadora de historias, Raquel Queizás, quen cos espectáculos “Somos iguais” e “Na túa man” encandeou a alumnado e profesorado dos centros educativos do Pereiro.

Ela, como poucas, sabe utilizar o poder da palabra para atrapar ao seu público e mergullalo na tradición da que aprendeu de nena, escoitando da súa avoa as historias que agora se encarga de transmitir. Nos seus espectáculos o público é un elemento fundamental que entra a formar parte da historia, a participación activa e o humor son sempre pezas crave.

(Publicación no FB do CIM Pereiro de Aguiar )

Na túa man en Sabarís, Baiona

Foi todo un pracer levar o espectáculo “Na túa man” ao espazo multiusos de Sabarís, dentro da programación Baiona Lila, no marco das conmemoracións do Día Internacional da Muller.  A igualdade é razón!

Somos iguais no C.C. Parque de Ferrol

E continuamos coas celebración do Día Internacional da Muller. Nesta ocasión fun ata o Centro Comercial Parque de Ferrol, onde uhna manchea de nenas e nenos puideron gozar e aprender das historias de Somos iguais:

Cinema de historias da man de Alice Guy no CPI Pecalama

Que mellor cousa para celebrar o Día Internacional da Muller que contar a esquezida historia de Alice Guy, a verdadeira creadora do cinema!

Grazas ao CPI Pecalama de Tordoia por convidarme nesta data tan especial!

Alice Guy foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia, ademais foi actriz, guionista, deseñadora de vestiario, cámara, produtora, cómica, maga e moito máis…

Somos iguais en Padrón

No auditorio municipal de Padrón, xuntáronse a rapazada das escolas de educación infantil de Extramundi, Arretén, Pontecesures e A Escravitude para celebrar o Día Internacional da Muller. Grazas a estas escolas por invitarme a representar Somos iguais!

As nosas lendas no Salón do Libro de Pontevedra

Despois da estrena onte de Descubrindo Magas, regreso ao Salón do Libro esta vez coa tradición oral, as historias dos avós e avoas. Con eses Contos que falan doutros tempos, de animais fantásticos, de bruxas e menciñeiras. Así de ben o pasei coa rapazada do CEE Principe Felipe e o CEIP Campolongo:

Descubrindo magas no Salón do Libro de Pontevedra

Estrea absoluta de “Descubrindo Magas” no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que este ano leva como tema “A maxia”.

“Descubrindo Magas” achega as historias de moitas mulleres magas que, aínda que descoñecidas, habelas hainas. Contei a historia das irmás Fox, que foron moi famosas nos Estados Unidos porque seica podían falar cos mortos (ou iso pensaba a xente, xa que logo recoñeceron que non era tal, que todo nacera dunha brincadeira). Tamén puidemos coñecer a historia de Lulu Hurst, que foiu coñecida como a “moza magnética” pola súa forza sobrehumana. Tivemos, na sesión, raios, tronos e libros máxicos!!!

Este espectáculo o  pudieron ver en primicia o alumnado dos centros escolares de Pontevedra CEP Marcos da Portela, CEIP Xunqueira 2 e CEIP do Carballal de Marín.

Próximas funcións

maio 2024

2024luns13maio10:0013:00As chaves de Lu no CEIP Virxe de Covadonga2 funcions escolares10:00 - 13:00 CEIP Virxe de Covadonga

2024martes14maio18:0019:00A orixe en Nigrán18:00 - 19:00 Biblioteca de Nigrán

2024mércores15maio13:1514:15A orixe no CEIP Arzúa13:15 - 14:15 CEIP Arzúa

2024xoves16maio19:0020:00Cinema Marabillas en Gondomar19:00 - 20:00 Auditorio Lois Tobío de Gondomar

2024venres17maio12:0013:00As chaves de Lu no Grove12:00 - 13:00 O Grove

2024sábado18maio17:3018:30O Eco das pedras no Museo Pedagóxico Galego17:30 - 18:30 Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA)

2024martes21maio10:0013:00As chaves de Lu no CEIP Sequelo10:00 - 13:00 CEIP Sequelo

2024xoves23maio18:0019:00Raposadas no Espazo Apego De Santiago18:00 - 19:00

2024venres24maio18:0019:00As chaves de Lu na Biblioteca de Pontevedra18:00 - 19:00 Biblioteca Pública de Pontevedra

Ver toda a axenda

Falan dos espectáculos:

Ver todas as noticias

X