Elas sempre contan en Sarria

Hoxe estiven contando na Casa da Cultura de Sarria, dentro da IV Mostra de Teatro Iván Tourón Morais. Tiven a sorte de presentar a miña sesión de contos pola igualdade Elas Sempre Contan.

Este espectáculo de narración oral é un recoñecemento ás escritoras que loitaron e loitan por facer visible o seu traballo e as súas voces. A través de contos e manipulación de obxectos, achegamos ao público (neste caso, especialmente ao público familiar e infantil) as historias das miñas escritoras favoritas.Grazas de corazón a todas as persoas que enchedes o auditorio e que facedes que a cultura galega siga viva e que as “elas” non deixen de contar.

Foi unha gozada!💜

Magosto con Nano en Oleiros

Moi bo día! É tempo de magosto!! Xa o festexamos o pasado mércores na Biblioteca de Santa Crux cas familias cullarapiñas do Concello de Oleiros.

A Maleta da Avoa no Valadouro

Onte, na XXXVIII Feira do Mel do Valadouro, botamos contos de A maleta da avoa para unha chea de doces familias.

Logo mercamos mel, marmelada, fabas, chourizos, requeixo…Un auténtico tesouro! Grazas, Suso, e ao Concello do Valadouro por pensar en min.

A Maleta da Mestra en Tirán

A unha antigua escola, agora Centro Sociocultural Castroviejo, Axencia de lectura de Tirán (Moaña), chegou a nova mestra, á que todos chamaban “Pisapouquiño” cargada de contos, adiviñas,e historias verdadeiras sobre o pasado da nosa lingua. A letra con xogo entra!!

Moitísimas grazas por vir, familias!! E grazas tamén a Dolo polas fotos e a Vida por signar.

Cinema Marabillas en Cee

Grazas á Fundación Fernado Blanco de Lema de Cee por convidarme a facer Cinema Marabillas, no marco da XII Edición do programa O Mes da Fundación.

E grazas tamén polas fermosas verbas:

Fantástica sesión de “Cinema marabillas” hoxe con Raquel Queizás dentro da XII Edición do programa O Mes da Fundación. Dirixida a alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria da Escola de Pereiriña, CEIP de Brens, CEIP Vila de Cee, CPR Manuela Rial e usuari@s de ASPADEX. Desfrutamos dalgunhas das primeiras adaptacións cinematográficas dos clásicos da literatura (Alicia no País das Marabillas, O Mago de Oz, Peter Pan …..) Unha delicia

Nanovo en Neda

Ás veces non é doado sair da burbulla… Que haberá aí fóra? O pasado sábado, atopamos unha chea de familias cullarapiñas na Biblioteca Municipal de Neda con fame de contos!!!

Croa! Grazas por tanto agarimo. Foi unha ledicia verte, Copi.

A Maleta da Mestra en Verín

Fermosa sesión A Maleta da Mestra rodeada de amigas na Bblioteca Publica de Verín. Viaxamos no tempo ás escolas da década de 1930 en Galicia e coñecimos á mestra “Pisapouquiño”. Unha mestra diferente: dá abrazos e non varazos, pidelle ás nenas que veñan á escola, permite e fomenta a fala en galego, ensina con fábulas, adiviñas, trabalinguas e baile! Mesmo ten unha gansa para vixiar a escola e dar de xantar ovos á cativada.

Unha mestra que hai 89 anos, no peor momento da nosa historia, foi defendida por unha gansa, unha presa de pícaras e pícaros e a parroquia enteira. Grazas por vir, familias e compartir as vosas lembranzas e futuros soños comigo!

Grazas, Aurora e Vicente por pensar en min e polas fotos!!

O xornal La Región reseñou esta actuación:

O xornal Nós Diaro fixose eco da actuación:

Cambio e Conto en Ortigueira

Que ganiñas tiña Nano de ver as amigas cullarapiñas da biblioteca Municipal de Ortigueira.  Moi ben o pasamos! Ata o próximo contiño!

Son San en Pontevedra

Hoxe venres 26 de setembro na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, Son San. Contos, monicreques con materiais de refugallo e sinxelas coreografías para bailar dirixidas a nenas e nenos de 3 anos en diante, acompañados das súas familias.

Cambio e Conto en Redondela

Seguimos abrindo a temporada de contos!!! Este xoves 25 de setembro con Cambio e Conto na Biblioteca Municipal de Redondela.

A Maleta da Mestra nas Somozas

Hoxe na Axencia de Lectura de As Somozas compartín, coa rapazada do cole, e cas cativiñas da Casa Niño, unha historia verdadeira, a da nosa lingua da man dunha mestra da república. Coñecer a nosa historia é necesario para valorar o noso idioma, a nosa cultura e as nosas mestras. Grazas por tanta escoita e agarimo!

Moi agradecida ao CEIP O Marbán de As Somozas por esta reseña do meu espectáculo de narración oral “A maleta da mestra”. Grazas por tanto agarimo mostrado nesas fermosas verbas. Faime moi feliz saber que quedou fonda pegada de “Pisapouquiño” na cativada, que lles gustou coñecer a nosa historia para poñer en valor todo o que moitas mestras anónimas fixeron polas crianzas e polo pobo no que estaban e están. Grazas tamén a Begoña, da biblioteca da Axencia de Lectura do Concello das Somozas

Cambio e Conto en Poio

Que recuncho tan acolledor para contar atopei hoxe venres 19 de setembro no Casal de Ferreirós en Poio!! Grazas por vir familias!  Grazas ao Concello de Poio e ao programa Ler Conta Moito!

Romaría en Oza – Cesuras

Así de ben o pasamos de Romaría no pavillón polideportivo Casagrande – Dordaño, en Oza – Cesuras coa rapazada no campamento de verán.

Grazas ao Concello de Oza – Cesuras e a ao Plan Cultural da Deputación da Coruña por convidarme!

Raposadas en Sarces (Laxe)

Facendo Raposadas cas veciñas de Sarces no Concello de Laxe.  Grazas tamén a Deputuación da Coruña.

Moito aprendo cando conto grazas a vós, raposiñas!!!

Ata o próximo conto!!! Grazas tamén, Raquel, por estar pendente de todo!

Nanovo en Dodro

Onte Nano foi visitar a todxs xs pequechxs da Escola Infantil de de Dodro. Pasámolo xenial, unha fin de festa de conto, croac!!!

A gozar das vacacións!!!

Somos Iguais en Burela

Este mércores tiven a sorte de contar Somos Iguais dentro da fabulosa programación da Semana da Infancia, no Concello de Bureal A través dos contos de “Somos iguais” búscase previr dende a nenez todo tipo de violencia mediante novos modelos de feminidade e masculinidade rachando así cos roles e estereotipos asignados.

Grazas por contar comigo!

Raposadas no Parque Europa da UNED

Mirade cantas raposiñas e raposiños escoitando contos!! No parque Europa da UNED fixemos xuntas Raposadas para despedir o curso da EEI Fina Casalderrey de Pontevedra. Moitas grazas cativada e mestras  por convidarme!!! Desfrutade das vacacións que xa están aí…

Travesías no Enredo de Verín

O Enredo de Verín semella lugar de conto, taberna de piratas novos, famentos de historias de aventuras. Moi ben acompañada estiven, este domingo en Verín, cunha tripulación aguerrida e divertida. Unha gran iniciativa cultural para as familias, terraza e contos!!! Grazas por todo!!!

A viaxe de Nano na Capela

Hoxe fun contar “A viaxe de Nano” na Casa da Cultura do Concello da Capela,  para as familias; moito participaron dentro dos contos. Despois visitei a vella escola e a casa da mestra, marabilla!!

Cambio e conto en Carral

Hoxe visitei, de novo, ás familias cullarapiñas da Biblioteca de Carral con Cambio e Conto: Nano e Nona non pararon de troulear, ata que chegou a noite…

Grazas pola vosa atención e as vosas risas. É toda unha aventura isto de medrar!

Raposadas en Taboexa

Fumos na procura do tesouro e de Mouri, a filla da Moura. Acompañar á cativada da mestra Karina Mouriño polo monte é toda unha aventura!! Pode pasar de todo!!! Son fan desta escola rural de Taboexa que se espalla entre prados, fontes, montes, pendentes, petróglifos, covas…A raposa sabe onde é a cova da Moura e ademais de botar unha pata, contará historias para medrar e perder medos.

Non choveu!! E puiden acompañar á cativada do Monte Escola da EEI de Taboexa de aventuras!! Si, levei o meu cesto cheo de historias e amigos. Entre contos e risas avanzamos polos camiños do Sanomedio, facendo paradas para petiscar froita , baixo o fermoso Carballo da Fonte da Moura. ata topar, en medio dos nervios, o susto e o entusiasmo, a Mouri na Cova da Moura, xunto ao Tesouro, o almorzo e…as Chaves do Futuro para as meniñas que marchan a primaria.

Moitas grazas, Karina Mouriño, por permitirme estar ao voso carón nesta viaxe de xogo, de aprendizaxe e de moito agarimo, un ano máis

A viaxe de Nano no Val do Dubra

Nano reencontrouse cas súas amigas e amigos da escoliña infantil do Val do Dubra. Que ledicia!! Moi ben o pasamos!!! Non o deixaban marchar. Grazas, Celsa Oreiro, Val do Dubra, profes e cullarapiñas.

Moito me gusta contar na vosa escoliña, e a Nano tamén!

Contadas en prol da igualdade en Pontevedra. Dámoslle volta ao conto!

As contadas en prol da igualdade organizadas polo Centro de Información á Muller (CIM) de Pontevedra remataron. Foron 14 colexios onde contei Dámoslle volta ao conto á rapazada estivo entregada!!!

Moito lles gustan os contos e as historias de vida da miña avoa.

Grazas de novo á Area de Igualdade do Concello de Pontevedra pola confianza un ano máis.  Grazas tamén a cativada e ao profesorado pola escoita, aplausos, risos, agasallos, debuxos… O espectáculo de contos ten como propósito principal desmontar roles e estereotipos sexistas, promovendo a igualdade de xénero desde as primeiras etapas educativas.

A través de relatos que destacan a valentía e a sensibilidade, convídase o público a reflexionar sobre a diversidade e a equidade. Coñecimos historias de mulleres valentes, como a da miña avoa, que en tempos duros da posguerra, con só 14 anos cruzaba a fronteira con Portugal para manter á súa familia. Estas vivencias persoais achegan autenticidade e profundidade ás narracións.

CEIP Xunqueira 1

CEIP Xunqueira Nº 2

CEIP de Xeve

EEI Verducido

CEIP de Cabanas

CEIP de Marcón

CEIP Vilaverde

CEIP Daría González García

CEIP Froebel

CPR San José

EEI Fina Casalderrey

CEIP Barcelos

CEIP San Benito de Lérez

CEIP Parada Campañó

Nano vai á Escola no CSC do Castiñeiriño

Este sábado pasamos a mañá no CSC do Castiñeiriño en Santiago de Compostela entre pequechas que pronto irán a escola, tamén había cabezolos veteranos de 3 e 4 anos.

Grazas de novo ao Concello de Santiago e a Deputación da Coruña por contar comigo!

A Touporroutou en Alfoz

Un ano máis, grazas , mocedade da Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo de Alfoz e osprofes e rapazada do CEIP do Castro de Ouro, por contar comigo para celebrar o Día das Letras Galetas. Gozamos ca nosa rica poesía oral, encarnada en tantas cantareiras que nos alentaron dende o berce. A Touporroutou! Descubrindo xovencísimas cantareiras no día de hoxe, marabilla!!

Raposadas no Colexio Cluny de Santiago

Que ben o pasamos hoxe o facendo Raposadas coa rapazada do Colexio Cluny De Santiago Grazas, Alba e á ANPA do colexio por pensar en min. Ata o próximo conto!!!

Cinema de historias da man de Alice Guy no Festival de Cans

Felices de participar un ano máis no Festival de cine máis xenuíno, guau! O Festival de Cans.

No Cuberto de Pato viaxamos no tempo para coñecer a historia da gran pioneira do cinema Alice Guy e ver algunha das súas películas modernas e polémicas aínda hoxe, reivindicando a liberdade de expresión e denunciando conductas machistas de 1906.

Grazas, Pato, Jaqueline, equipa do festival por estar pendentes de todo. Grazas, familias pola vosa atención, risas e aplausos.

Romaría no CSC das Fontiñas

Este xoves 22 de maio montamos a Romaría. Contos e lendas da nosa Terra no CSC das Fontiñas de Compostela.  Non faltaron mouras encantadas, trasnos gaiteiros, nenas cantareiras, o demo, o home do saco, o can dañado…Grazas ao Concello de Santiago e a Deputación da Coruña por contar comigo!

Próximas funcións

setembro 2026

xoves17setembro18:0019:00Nano vai á escola no Espazo Apego

venres18setembro18:0019:00Dámoslle volta ao conto! en Carballo

venres25setembro20:0021:00Raposadas en Boiro

outubro 2026

venres02outubro17:0018:00Cambio e conto na Biblioteca de Pontevedra

venres09outubro11:0011:45Cambio e conto no Val do Dubra

venres16outubro18:0018:45Cambio e conto no Milladoiro

sábado17outubro12:0012:45Cambio e conto no Castiñeiriño

sábado24outubro12:0013:00Raposadas en Nigrán

Ver toda a axenda

Falan dos espectáculos:

Ver todas as noticias

X