Historias da Maletra en Muros
A miña Maletra chegou chea de contos a Biblioteca Municipal de Muros.
Aquí vos deixo unha fotografía do espectáculo de contos:
Nanocontos en Bóveda (Lugo)
O venres 13 de abril, os nenos do Colexio Rosalía de Castro, asistiron á representación de Nanocontos na Biblioteca da Casa da Cultura de Bóveda.
Gracias a Miriam pola súa amabilidade!
Da lareira al 2.0, os narradores orais triunfan sobre a escena
O suplemento FUGAS, de La Voz De Galicia, publica hoxe unha reportaxe sobre os narradores orais en Galicia. Carlos Blanco, Quico Cadaval, Paula Carballeira, Cándido Pazó, Serxio Pazos e eu mesma, falamos sobre o oficio de narrar.
Contos: A Maleta da Avoa en San Ciprián (Cervo)
Para celebrar o Día do Libro Infantil, o novo espectáculo de contos, A Maleta da Avoa, chegou a biblioteca da Casa da Cultura da fermosa vila de San Ciprián.
La Voz de Galicia, reseñou esta actividade.
As fotos foron tomadas por Javi Lamela. Gracias!
III Xornadas: “A competencia en comunicación lingüística. Un proxecto de centro”
Tiven o pracer de ser invitada a participar nas III xornadas “A competencia lingüistica. Un proxecto de Centro”, organizadas polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), celebradas no CIFP Politécnico de Santiago os días 23 e 24 de marzo.
A miña intervención tivo lugar o día 24: baixo o título ‘Alegoría da comunidade educativa na procura do coñecemento a través de aprendizaxes comunicativas”, representei unha historia sobre a orixe da escritura e un conto baseado en pictogramas dos indios iroqueses.
As Zocas Faladoras, o Blog de ANIMACIÓN Á LECTURA da biblioteca do IES de POIO, fíxose eco das xornadas.
Contos do Cestiño na Biblioteca de Cedeira
O espectáculo de Contos do Cestiño, chegou a Biblioteca Pública Municipal López Cortón de Cedeira, onde agardaban os alumnos do Colexio Nicoás del Rio de esta vila con moitas ganas de escoitar historias.
O Xornal La Voz de Galicia, reseñou a actuación na súa edición local de Ferrol:
Ángeles, a bibliotecaria, facilitoume as seguintes fotos da biblioteca. Podedes comprobar o fermosa e acolledora que é. Isto axuda a explicar que teña 2.484 usuarios entre nenos e nenas. Noraboa!
Nanocontos: contos para bebés en Meis
Nano e os seus Nancontos visitaron a Biblioteca Municipal de Meis:
Contos na biblioteca Henrique Rabuñal de Arteixo
O día 15 de marzo, a miña maletra e mais eu, visitamos a Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” de Arteixo, sustituindo a miña compañeira de contos Soledad Felloza.
Espectáculo de contos “Previndo a desigualdade”, en Fene.
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Fene, organizou esta lúdica xornada de contos interactivos para a poboación infantil e as familias. Aproveitando o feirón de Perlío, desenroluse durante dúas horas unha serie de contos, actuacións e interpretacións na liña do fomento da igualdade, a corresponsabilidade e a visibilización de comportamentos sexistas e machistas cara a prevención da violencia de xénero.
Contos no Recuncho da Meiga, no Salón do Libro
Este espazo creado por PASPALLÁS é o meu favorito para contar este ano, quizáis por que sempre fun un pouco meiga, como a miña avoa!
12+1 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
Do 4 ao 31 de marzo de 2012, estase a celebrar unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra . Este ano, o seu tema é a superstición (por iso é o 12+1 Salón), e o autor homenaxeado é Paco Martín.
Alí estareí, todas as mañáns, coa Maleta da Avoa, chea de contos.
A RTVE en Galicia realizou unha reportaxe sobre o Salón emitida no Telexornal do 06/03/2012.
Vémonos no 12+1 Salón!
Ratiña Linda na sala Latueka27 (A Coruña)
A Ratiña Linda na Sala Latuerka27 (A Coruña). O día 3 de febreiro, regresamos as 5 da tarde.
Contos do Cestiño na Biblioteca Pública Central de Vigo
O espectáculo de contos Contos do Cestiño, viaxou ata a Biblioteca Pública Central de Vigo. Ahí vai unha fotografia da actuación:
Reestrea de Ratiña Linda na sala La Tuerka27
Mañán sábado 24 de febreiro, reestrea de obra “Ratiña Linda”, na Sala La Tuerka 27 (rúa Doctor Fleming 27, A Coruña). A idade recomendada é a partires de 3 anos.
A función comenza as 17 h, e as entradas so custan 5 euros!
Baseado no popular conto coñecido como A Ratiña Presumida, publica Bernardino Graña en 1994 Rata Linda de Compostela, a partir da cal Manuel Lourenzo escribe unha versión para o teatro con variados números musicais e destinado ó público infantil.
INTÉRPRETES : Chus Álvarez e Raquel Queizás
MÚSICA : Brandán Lourenzo
PRODUCIÓN : Montserrat Modia
DIRECCIÓN : Santiago Fernández
Contos en Laro (Silleda)
O Cestiño chegou cheo de contos o Centro Cultural de Laro, en Silleda. Os rapaces viñeron disfrazados dispostos a pasalo en grande.
Contos en Bandeira
Con motivo das celebracións do Entroido, o Concello de Silleda convidoume a contar contos no Centro Cultural Vista Alegre en Bandeira. Alí me agardaban os rapaces disfrazados e con moitas ganas de festa. Antes da merenda que tiñan preparada, puideron gozar co espectáculo de contos.
Os Nanocontos voltan á Biblioteca Nodal de Lugo
O pasado venres, o espectáculo de contos para bebés Nanocontos voltou á Biblioteca Nodal de Lugo.
Contos en O Grove
O espectáculo de narración Contos do Cestiño chegou a Casa da Cultura de O Grove, gracias o Servicio de Normalización Lingüistica de este Concello. A actuación realizouse o día 29 ás 17:30, cunha grande afluencia de público.
A fotografía está tomada de TodoGrove.com
Obradoiro de teatro en San Ciprián.
Os días 22 e 23 de decembro, impartín en na fermosa vila de San Ciprián, dous obradorios de teatro para rapaces de tres a sete anos e de oito a doce anos. Disfrutaron moito e queren repetir!. Terminamos cunha representación da obra de teatro que crearon os maiores e despis un espectáculo de contos para toda a familia na Casa da Cultura para celebrar o Nadal.
Caso Pechado no IES Santiago Basanta Silva de Vilalba
Caso pechado é un espectáculo de narración orientado a adolescentes que recolle lendas urbanas, relatos de misterio e historias de terror.
Unha detective fala dos casos máis curiosos que tivo que investigar. Case todos foron resoltos, son casos pechados, agás alguns…
Este mercores 21 de decembro, os casos resolverónse no IES Santiago Basanta Silva de Vilalba.
Cuentos en el CEIP Soutelo de Montes
Hoy a las 3 de la tarde, el espectáculo de narración Contos do Cestiño se sumaron a las actividades para celebrar la Navidad y el fin de las clases por este año en el C.E.I.P Soutelo de Montes (Forcarei).
Contos do Cestiño no Teatro do Andamio de A Coruña
Os días 17 e 18 de decembro, estiven an A Coruña a representar o espectáculo Contos do Cestiño, dentro de programación de Salas da AGADIC, ó Teatro do Andamio en A Coruña.
A fotografías son de Fran Moledo.
Os Contos do Cestiño en Esteiro (Muros)
Este mércores 14 de decembro, os Contos do Cestiño visitaron a Axencia de Lectura de Esteiro, en Muros.
Contos na Biblioteca de Oseiro
Fotografias da contada na Biblioteca de Oseiro (Arteixo). Gracias a Eusebio, o seu bibliotecario pola reportaxe fotográfica que fixo!
Contada na Biblioteca Municipal Juan Fernández-Latorre de Ortigueira
O mércores 30 de novembro, as 5.30 da tarde, os Contos do Cestiño chegaron a fermosa Biblioteca Municipal”Juan Fernández-Latorre de Ortigueira.
Contos en San Ciprián
Para celebrar o Magosto, a Asociación Cultural Pasiño a Pasiño de San Ciprián, organizou unha espectacular merenda para as nenas e nenos que comezou co aperitivo duns contiños moi participativos.
Pronto voltarei a contar maís contos e a impartir un obradoiro de teatro.
Ímolo pasar moi ben!
Contos na Biblioteca Municipal de O Rosal
Nanocontos na Biblioteca Nodal de Lugo
Este venres, 25 de novembro, o espectáculo de contos para cativos de 0 a 3 anos, Nanocontos, chegou á Biblioteca Nodal de Lugo. Ahí van unhas fotos:
Os Contos do Cestiño na Biblioteca Municipal de Cambados
Este xoves, 26 de outubro, eu e máis o meu Cestiño, tivemos a sorte de actuar na Biblioteca Municipal de Cambados, na Casa dos Fraga, un fermoso predio de finais do século XIX que antes que biblioteca foi convento, pazo, cuartel, e incluso cárcere.
Nanocontos na Biblioteca Central de Vigo
Grazas a Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo, o espectáculo de contos para bebés Nanocontos chegou á Biblioteca Central de Vigo.