Chimpo de ra en Pontevedra
Hoxe a primavera chegou tamén á biblioteca de Pontevedra co cantar das ras! Pasámolo en grande compartindo unha nova aventura de Nano, esa raniña que non para de medrar e de ensinarnos cousas do mundo. Desta volta, Nano anda un pouco revolto. Por un lado, está feliz porque naceu a súa irmá, pero por outro… Ai, eses pequenos ciumes que ás veces aparecen sen avisar! Chimpo de ra! A cativada non quitou ollo da historia.
Grazas a todas as familias que viñestes encher a biblioteca de vida e ledicia. Grazas por chimpar con Nano e comigo nesta tarde solleira

O xogo de Nano en Rialeda
Non todos os días se cumpren dous anos , as mellores cullarapiñas e as súas familias foron unhas auténticas convidadas de honra na Biblioteca de Rialeda en Oleiros. Canta atención, que ben xogaron e como axudaron a Nano en cada paso da súa festa! Para conseguir que Nano perdese o medo só baño,quitar montamos unha prato de ducha xigante!
Acabamos todos bañándonos xuntos, bailando e descubrindo o noso corpo ao ritmo da música. Foi un momento único de risas e moito ritmo.
Mil grazas ás familias por participar con tanta enerxía e agarimo. Hoxe festexamos o Día do Libro; un libro para o baño na Biblioteca de Rialeda, como todas as bibliotecas, un fogar para os libros e a para infancia. ¡Gústanos moito medrar con vós!

Caso Pechado nas Escolas João de Meira de Guimarães, Portugal
Hoxe, 14 de abril, a atmosfera do cine negro e o suspense trasladouse ás Escolas João de Meira (Guimarães, Portugal). Non foi unha clase de español calquera; foi unha auténtica sesión de investigación, lendas urbanas e moito misterio coa miña proposta de narración oral Caso Pechado. Nesta experiencia, o alumnado deixou de ser espectador para converterse en investigador activo.
Da man dunha detective, fomos explorando relatos de terror contemporáneo que nos fan dubidar da realidade, ao tempo que se fomentaba a escoita crítica e se espertaba a imaxinación para conectar cos nosos medos e curiosidades máis profundas.
Quero destacar o comportamento exemplar e a participación da mocidade de Guimarães. É un verdadeiro luxo comprobar como o misterio segue a ser unha ferramenta tan poderosa para conectar xeracións.
Tampouco podo esquecer o marabilloso acollemento por parte do profesorado. Grazas de corazón polo agarimo, pola impecable organización e polo regaliño. En especial, á profe Isabel, pola súa enerxía e por facer todo tan doado, e ao profe José, polo seu apoio, pola complicidade ao longo de toda a xornada e por contar comigo. Grazas, Guimarães, por axudarme a pechar este caso xuntas!!

A Orixe no CEIP Ledicia
Este luns, 13 de abril, estiven, de novo, no CEIP Ledicia de Ferrol compartindo a miña sesión “A Orixe”, e non puido ser máis gratificante. Unha viaxe con dúas olladas: A rapazada mergullouse nunha aventura para descubrir por que os animais son como son. O máis fascinante desta sesión é poder xogar con dous mundos que, aínda que parezan distantes, camiñan da man: o ollada das lendas e a ollada da ciencia.
Grazas ao CEIP Ledicia, unha vez máis, pola boa acollida e a toda a cativada por deixarse levar polo fío destas historias. Ata a próxima historia!!!

Raposadas en Mera (Oleiros)
Hoxe tocou visita á Biblioteca Pública Municipal María José Trincado de Mera (Oleiros) , tamén con Raposadas, e repetimos a maxia. A raposiña volveu aprender —e ensinar— que hai que espelirse e pensar para saír adiante. Non todo é forza: a verdadeira arte está na maña!
Grazas á biblioteca de Meira pola acollida e á rapazada pola súa atención e entusiasmo. A próxima vez que vexades un rabo laranxa entre os toxos… xa sabedes que ten moito que contar!

Raposadas en Muros
Andiven de “pateada” pola biblioteca de Muros este 9 de abril contando Raposadas, e vaia se houbo movemento. Contei a historia dunha raposiña que, acostumada a que llo desen todo feito, decidiu que xa era hora de buscar as castañas (ou os ratos) polo seu propio pé. E vaia se medrou! Pero non vos creades que todo foi correr polo monte… aquí o que importaba era usar a cabeza, porque onde non chega a forza, chega a maña! Grazas á biblioteca por abrirnos as portas e a toda a rapazada por demostrar que o noso imaxinario oral está máis vivo que nunca.

Romaría no Valadouro
Hoxe estiven con Romaría no Mercado da Primavera do Valadouro voltamos ás raíces coas nosas historias. Foi emocionante ver como nenos, nenas e maiores conectaban coas lendas das nosas mouras e mantiñanse en tensión co saco encantado. Dá gusto contar cando o público te recibe con ese respecto e calor.
Despois da actuación, tocou perderse entre os postos dos artesáns… e caeron unhas fabas e un mel que son pura gloria!
Grazas a organización, Suso ,Juan e a todos os que vos achegastes. Ata a próxima historia!!

Cinema de historias da man de Alice Guy no CEIP Cruz Budiño
Onte vivimos unha xornada ben fermosa de cine, teatro e historias coa rapazada de Primaria. Xuntos, mergullámonos na vida de Alice Guy, a primeira directora de ficción do mundo: actriz, creadora incansable e unha visionaria que durante demasiado tempo quedou esquecida entre páxinas.
Foi emocionante ver como as nenas e nenos do CEIP Cruz Budiño, do Porriño, ían descubrindo, pouco a pouco e cos ollos ben abertos, que ela axudou a crear o cine tal e como o coñecemos hoxe; que era quen de facer auténtica maxia e efectos especiais moito antes da chegada dos ordenadores; e que, desde o primeiro momento, as mulleres xa eran protagonistas na historia da sétima arte.
A súa curiosidade, as preguntas e esas caras de sorpresa foron, sen dúbida, o mellor guión da xornada.
Grazas a todos e todas por escoitar, mirar e sentir, e por axudar a facer xustiza a unha pioneira fóra de serie.
No Porriño hai moito talento… e despois do entusiasmo que vimos, non teño dúbidas de que entre estes pupitres xa se está a escribir o futuro do cine.

A viaxe de Nano en Nigrán
Cinema Melodía no Salón do Libro de Pontevedra

Cinema Melodía xa latexa!!
Onte o meu Cinema Melodía convidou ás crianzas, ao profesorado e ás familias a unha viaxe sonora a través da imaxe. En Cinema Melodía, as latas non gardan só metraxe, gardan partituras invisibles que cobran vida ao proxectarse.
Hai lugares onde a música non serve para que ninguén regrese, senón para non esquecer de onde somos. Lugares onde os mapas non coinciden co que garda o corazón.
Abrir unha lata de cine é como abrir unha fiestra ao descoñecido. Hoxe, moitas nenas e nenos asomáronse por primeira vez e a música foi a súa guía.
Infinitas grazas a quen fixestes posible esta estrea.
Ver un público tan plural, dende os máis pequenos ata os nosos maiores de Ballesol, foi o mellor agasallo. Grazas aos escolares, universitarios e familias pola vosa escoita agarimosa.
E un recoñecemento especial para a organización do Salón do Libro de Pontevedra e o persoal do Pazo da Cultura pola súa profesionalidade e polo cariño co que trataron cada detalle desta estrea.

Dámoslle a volta ao conto en Ribeira
En Ribeira, o sábado pasado, non só contamos contos, rescatamos memorias. Contei a historia da miña avoa: a nena que non foi á escola pero facía cálculos de cabeza mentres cruzaba a fronteira cargada de estraperlo. Unha revolucionaria que me ensinou que os contos poden mudar o mundo.
Grazas ás familias que viñestes a “darlle a volta” á historia comigo. Grazas sempre a Alicia por mimar cada detalle e contaxiar o amor pola nosa lingua.
Así chegaron cativas cantando a súa fermosa melodía con coreografía e todo…
“Levo o galego no corazón. Pom pom” Ata a próxima historia!!

Cine de historias de la mano de Alice Guy en el Teatro Elma de A Pobra
Ayer vivimos una mañana mágica en el Cine Teatro Elma de A Pobra do Caramiñal. Entre las paredes de este cine teatro histórico, las historias cobraron vida de la mano de la gran Alice Guy, la verdadera madre del cine. Subvirtiendo la realidad.
El alumnado ya no es ajeno a su genio. Tuvimos la oportunidad de viajar en el tiempo y compartir algunos de sus filmes más emblemáticos, destacando el siempre provocador “Las consecuencias del feminismo”. Resulta fascinante (y algo agridulce) ver cómo esa subversión de los roles de género que Guy planteó hace más de un siglo sigue siendo materia de debate y polémica hoy en día. Es un recordatorio de que la gran pantalla no solo sirve para entretener, sino también para poner un espejo frente a la sociedad.
Seguimos caminando. El mensaje quedó claro: la lucha por la igualdad es una historia que aún estamos escribiendo entre todos y todas. Gracias infinitas a todo el público, por vuestra atención, por vuestra energía y por ese cariño que traspasa la pantalla; a Fita, por ser el motor invisible detrás de cada detalle, cuidando que todo saliera perfecto; y a cada persona que hizo posible esos hermosos reencuentros que hacen que nuestro trabajo tenga sentido.
Nos quedamos con las imágenes grabadas en la retina y el corazón lleno hasta la próxima historia.
¡Larga vida al cine y a la igualdad!

Na túa man no CEIP Ledicia de Ferrol
Foi unha alegría ver como as nenas e nenos do CEIP Ledicia de Ferrol conectaban Nellie Bly!
Porque ao final, contar a vida de mulleres como Nellie Bly serve para que as nenas de hoxe saiban que poden ser o que desexen, e para que os nenos entendan que a sensibilidade tamén é parte do seu camiño.
A verdadeira valentía non está na forza nin na ira, senón na empatía e na capacidade de protexer e coidar aos demais.
Grazas por contar comigo!!
Seguimos navegando cara a un mundo máis xusto, historia a historia, conto a conto!

Na túa man en Rianxo
Hoxe no Auditorio de Rianxo contei Na túa man. Contos pola igualdade para a rapazada do CEIP Ana María Diéguez de Asados. Descubrimos a historia dunha muller que non coñecía a palabra “imposible”: Nellie Bly.
Deulle a volta ao mundo en 72 días, pero o máis importante é que lle deu a volta ás regras da súa época para demostrar que as mulleres podían chegar onde quixesen.
Falar de pioneiras para un cole que leva o nome de Ana María Diéguez é un luxo. Dúas mulleres, unha xornalista e unha mestra, que usaron a súa intelixencia para facer do mundo (e de Rianxo!) un lugar mellor.
Grazas polo voso entusiasmo e por viaxar comigo. Ata a próxima historia!!

Cinema de historias da man de Alice Guy no CEIP Celso Emilio Ferreiro
Hai personaxes que a historia esqueceu inxustamente, e Alice Guy é, sen dúbida, unha das máis grandes.
Por iso, foi un auténtico pracer levar a súa vida e as súas películas ao CEIP Celso Emilio Ferreiro de A Silva, en Cerceda. Cando un colexio decide dedicar o seu proxecto de curso ao Cine, hai paradas obrigatorias, e Alice non podía faltar. Ela non só estivo alí dende o nacemento da sétima arte, senón que foi a primeira persoa en comprender que o cine servía para contar historias, non só para filmar trens chegando a unha estación.
Agora xa coñecen máis sobre a vida desa Veciña de pelicula o libro de Iria Misa que tanto lles gustou!!!

Elas sempre contan en Caldas de Reis
Hoxe, grazas ao Concello de Caldas, a igualdade, visitei o CPR San Fermín e o CEIP San Clemente. Fun contar “Elas sempre contan” Historias de escritoras que non o tiveron nada fácil… E mañá máis, no CPR La Encarnación e no CPI Alfonso VII

Dámoslle volta ao conto na escola Xela Arias de Sarria!
Hoxe a cativada da escola Xela Arias de Sarria achegouse ata a Casa da Cultura para coñecer a unha das mulleres que eu máis admiro, a miña avoa. Dámoslle volta ao conto!!
Grazas pola vosa escoita agarimosa!!! Ata a próxima historia…
A miña avoa, con 14 aniños xa gañaba para manter á familia, non foi á escola, pero o que ela sabía…Os cálculos todos de cabeza. Ao chegar a noitiña montaba na burra para atravesar a raia seca e voltar cargadiña de café, aceite, sabas,… de Portugal. O estraperlo. Outra muller valente e revolucionaria como tantas. Ela contoume contos que eu descoñecía, de mulleres donas do seu destino e de homes que se liberan da máscara da masculinidade e permítense mostrar a súa sensibilidade.

Buscando a Rosalía no CEIP Antonio Fernández López de Oural
Hoxe celebramos o aniversario de Rosalía en Oural (Sarria)
Que mañá tan entretida pasamos no CEIP Antonio Fernández López de Oural coa miña contada “Buscando a Rosalía”. Non hai mellor data ca hoxe para lembrar a nosa poeta universal, aquela que sempre estivo orgullosa da súa terra, da súa xente e da nosa lingua.
Unha maleta viaxeira…

A maxia agardaba dentro dunha maleta. Pouco a pouco, fomos descubrindo follas escritas que gardan a alma da nosa terra, chapeus e panos que nos contan historias de antano e moitos misterios por resolver.
A miña nai non era triste. Nada diso. Moi alegre, sempre estaba de broma e tiña verdadeiro enxeño para dicir ocorrencias. Non, non era triste. A miña nai era moi alegre, coma un raio de sol.
Alexandra Murguía de Castro
A rapazada de Oural estivo de dez: non perdeu ollo de nada e foi peza clave para axudarme a desvelar cada segredo. É un orgullo ver como as novas xeracións conectan con Rosalía con tanto entusiasmo e respecto.
Grazas infinitas a Laura, a todo o equipo de mestras e, por suposto, a cada un dos nenos e nenas por contar comigo nun día tan sinalado. Foi un pracer compartir con vós este día cheo de poesía, identidade e feminismo.

Nano vai á escola en Betanzos
Hoxe o noso Nano ponse de festa! Celebramos o Día da Lingua Materna da mellor maneira posible: dentro da programación de “Sábados Miúdos” en Betanzos.
Para os máis pequenos, a lingua é un xogo máis. É o fío que nos une mentres medramos, descubrimos o mundo e facemos eses primeiros amigos na escola que duran para sempre. En Nano vai á escola cremos que as palabras son bicos que se din en voz alta.
Grazas, Betanzos, por coidar o noso falar dende a infancia!

A viaxe de Nano en Carral
Onde foi Nano esta tarde? Á Biblioteca de Carral!
Vivimos unha tarde de viaxes imaxinarias e moitas aprendizaxes. Con A viaxe de Nano exploramos a importancia de facer amigos e saber compartir, dous piares fundamentais para os nosos pequenos viaxeiros.
Ver como medran e se expresan na nosa lingua é o mellor regalo de cada sesión. O galego viaxa con nós e fainos chegar moi lonxe! Grazas a todas as familias que viñestes compartir o voso tempo con Nano.
A próxima parada xa está preto! Grazas, Isa tamén polas fotos e polo gran bolo do mellor pan!!!

Romaría na Biblioteca Neira Vilas de Vigo
O medo só existe ata que se conta!!
Esta tarde, a rapazada disfrazada, agardaba historias na Biblioteca Neira Vilas de Vigo, entre lendas e misterios da nosa terra, vin algo marabilloso: nenas e nenos que, co corazón a cen, decidiron escoitar, aprender e vencer os seus medos. Seguide gozando do entroido!
Grazas ás familias por acompañarnos nesta Romaria de historias e por manter acesa a chama da nosa identidade. Grazas, Mar, por todo.

Cinema de Historias da man de Alice Guy no IES Escolas Proval
Hoxe a “Fábrica de Soños” parou en Nigrán. Tiven o pracer de levar Cinema de historias da man de Alice Guy ao IES Escolas Proval para reivindicar a figura da gran Alice Guy. Sen o seu pulo, o cinema non sería o que hoxe coñecemos; ela foi a pioneira que se atreveu a imaxinar mundos cando todo estaba por inventar.
Grazas de corazón a todas e todos os que me acompañastes nesta viaxe polo tempo. E un agradecemento moi especial a Eva e a Iria Misa por abrirme as portas e axudarme a seguir espallando a vida e obra desta pioneira valente. Que a maxia de Alice nos siga inspirando!.
E moitas gracias a Biblioteca do IES Escolas Proval polas suas verbas:
Que ben o pasamos hoxe na biblioteca grazas a Raquel Queizás, que nos levou da man pola vida dunha muller extraordinaria: ALICE GUY. Unha gran creadora, unha pioneira do cinema, unha feminista valente e, por desgraza, unha muller esquecida pola historia durante demasiado tempo. Foi unha experiencia divertida, fermosa e necesaria que lembra a importancia de recuperar voces silenciadas e recoñecer o legado das mulleres que abriron camiño.

Nano vai á escola en Muxía
Hoxe en Muxía “Nano vai á escola” Sabemos que os comezos poden dar un chisco de medo, pero para o nosa raniña, esta nova etapa é unha oportunidade marabillosa. Nano enfróntase ao cole dende a súa esencia: como un galegofalante que descobre o mundo na súa lingua. Porque aprender, xogar e facer moreas de amigos no noso idioma non é só unha lección, é unha auténtica festa!
Quero dar as grazas de corazón: a Miriam, pola súa hospitalidade e axuda, ao Concello de Muxía e á Deputación da Coruña e sobre todo, ás familias de cullarapiñas que non se deixaron amedrentar polo temporal e viñeron compartir esta tarde con nós. Sodes valentes e xenerosas!!
Seguimos medrando en galego con Nano!!!

A viaxe de Nano en Cerceda
Hoxe “A viaxe de Nano” fixo unha parada moi emocionante na Biblioteca de Cerceda. Nano, a nosa raniña protagonista, aprendeu unha das leccións máis bonitas: que a amizade comeza cun xesto tan sinxelo como compartir a auga. Ver as caras de ilusión dos máis pequenos e pequenas mentres Nano facía o seu primeiro amigo foi o mellor agasallo. E para rematar a festa de convivencia… unha merendola espectacular!
Grazas infinitas a Sonia e Montse por coidarnos tan ben e facelo posible.
E, por suposto, grazas ao Concello de Cerceda e á Deputación da Coruña por apostar pola cultura e polos contos que unen.
Ata o próximo conto!!

Obradoiro Misión Respecto. Educación afectivo-sexual no CPI Alfonso VII
Os días 27 e 28 de xaneiro de 2026, voltei a reencontrarme caos rapazas e rapaces do 4º curos de primaria do CPI Alfonso VII de Caldas de Reis co obradoiro Misión Respecto.
A través de xogos, dinámicas participativas e unha proposta coeducativa e de educación afectivo-sexual, traballamos cuestións tan importantes como o consentimento e os límites, os estereotipos de xénero a través do teatro foro, ou o criterio dixital para discernir entre o que pode ser verdadeiro e aquilo que é falso ou pode supoñer un risco.

Caso Pechado no IES Castro Baronceli
Hoxe o IES Castro Baronceli de Verín converteuse no escenario dun Caso Pechado.
Tiven o pracer de compartir coa rapazada de 1º da ESO o que realmente me move: a adrenalina dos relatos de misterio, a tensión do suspense e esa atmosfera única do cine negro que tanto me fascina. Non hai nada como ver as súas caras de intriga ao falar de sombras, detectives e historias que non te deixan durmir.
Grazas pola vosa atención e por demostrar que o misterio segue vivo nas novas xeracións. Caso resolto!
Grazas, Noe e equipa directiva por contar comigo!! Contar en Verín, na casa, é un pracer sempre.
Ata a próxima historia!!

Cinema Marabillas en Touro
Benvidas, benvidos a un lugar onde as paredes teñen memoria e as páxinas… teñen luz!
Hoxe, a biblioteca de Touro non é só un fogar para os libros; hoxe as luces apáganse para que se abra o Cinema Marabillas. Sabiades que, antes de existir as grandes pantallas que coñecemos, as historias xa saltaban do papel á manivela?
Hoxe fixemos unha viaxe no tempo. Pescudamos como os contos, que gardamos nas estanterías, aprenderon a mover os pés e a bailar fronte aos nosos ollos. Preparados para ver… o que lemos?
Grazas as familias por deixarse engaiolar, grazas a Cris, Lucía e ao Concello de Touro por contar comigo. A primeira sesión do 2026!!

Raposadas en Coristanco
Despedimos o ano entre contos e feras! Vaia festa!!!
Hoxe fixemos a última parada do 2025 na Zona Recreativa A Rocheira, en Coristanco. Alí agardábanos a rapazada do campamento para gozar dunha sesión de Raposadas cargada de enerxía. Entre raposas que se cren moi listas, lobos un pouco parvos e, sobre todo, nenas e nenos ben espilidos, pasamos unha mañá de risas e historias de sempre, inesquecibles.
Non hai mellor xeito de pechar o calendario que compartindo a maxia da palabra! Grazas por contar comigo!!! Ata a próxima historia!!
Que nunca nos falten contos!!!
Feliz aninovo a todas e todos!!!

Nano vai á escola en Fisterra
Hoxe en Fisterra demostramos que o galego non ten límites. Pasámolo en grande coas novas aventuras de Nano, medrando entre risas, saltos e moita retranca!
Mil grazas a todas as familias que enchéstedes o espazo de risas, agarimo e aplausos. Dá gusto ver aos máis pequenos desfrutando das andaianas de Nano con tanta ledicia!
Grazas tamén á Deputación da Coruña e ao Concello de Fisterra por facelo posible.
Seguimos medrando en galego con Nano!

Cinema Marabillas na biblioteca Ánxel Casal De Santiago
Hoxe vivimos unha xornada máxica na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal. Co gallo da celebración do nacemento do cine, as portas do noso Cinema Marabillas abríronse para transportar ao público ás orixes da fascinación visual.
Foi unha honra compartir nun espazo tan especial a esencia daqueles primeiros anos nos que a imaxe en movemento era pura maxia.
Ver as caras de asombro dos asistentes confirma que, por moitos anos que pasen, o cine segue a ser esa máquina de soñar que nos une a todos.
Grazas á Biblioteca Ánxel Casal por apostar pola memoria do cine e a todos os que vos achegastes a compartir esta sesión connosco. O cine está máis vivo que nunca!