Cinema Marabillas na biblioteca Ánxel Casal De Santiago

Hoxe vivimos unha xornada máxica na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal. Co gallo da celebración do nacemento do cine, as portas do noso Cinema Marabillas abríronse para transportar ao público ás orixes da fascinación visual.

Foi unha honra compartir nun espazo tan especial a esencia daqueles primeiros anos nos que a imaxe en movemento era pura maxia.

Ver as caras de asombro dos asistentes confirma que, por moitos anos que pasen, o cine segue a ser esa máquina de soñar que nos une a todos.

Grazas á Biblioteca Ánxel Casal por apostar pola memoria do cine e a todos os que vos achegastes a compartir esta sesión connosco. O cine está máis vivo que nunca!

Romaría en Marín

Onte o tempo fóra estaba para quedar na casa… pero nós estábamos de Romaría! Mentres fóra en Marín caían chuzos de punta, no Centro Comercial Morrazo estábamos a resgardo e da mellor maneira posible: entre contos, lendas e o arrecendo irresistible do chocolate con churros!

Contei Romaría. Contos e lendas da nosa terra, unha viaxe polas nosas raíces que soubo a gloria, grazas ao calor do público. Quero dar un agradecemento enorme á Asociación, a Lois, a Elena, por facelo posible e por apostar pola nosa cultura incluso nos días de temporal. Agora toca desfrutar das festas, pero moito coidado…

Moito ollo coas Trubincas e os Trubincos! Que xa sabedes que nestas datas calquera trasno pode andar a facer das súas. ¡Pasade un Bo Nadal e que non vos falten nunca os contos (nin o chocolate)!

Cinema Marabillas e Cinema de historias da man de Alice Guy en Nigrán

Onte, pola mañá, o cine tomou o Auditorio de Nigrán!   Grazas á ANPA do CEIP Humberto Juanes, a picarada pulido gozar dunha sesión dobre, moi especial:
Cinema Marabillas para deixar voar a imaxinación e coñecer as primeiras adaptacións cinematográficas dalgunhas das miñas historias favoritas.
Descubrindo a Alice Guy, a nai do cine, que o inventou todo, con Cinema de historias.
Unha mañá de aprendizaxe, risas e moita historia do cine . Grazas rapazada e profesorado pola organización!!

A Viaxe de Nano en Cabana de Bergantiños

Despedimos este domingo co público entregado no Auditorio de Cabana de Bergantiños. Vimos como xuntas, a través dos contos, seguimos medrando en galego con Nano.

Grazas Luz e Martin por contar con nós!!

A Viaxe de Nano en Cabanas

Hoxe foi un día de dobre aventura cheo de risas e aprendizaxe en galego coa viaxe de Nano! Moitas grazas a todas as familias que vos achegastes para vivir a auténtica aventura de medrar. Unha mañá máxica no Mercado de Nadal do Pavillon A Lavandeira de Cabanas, onde Nano espallou a súa enerxía e ilusión entre os máis pequenos.

Galano de Contos co Ateneo Musical de Bembrive

Coma o Apalpador coas súas castañas, agardamos ter deixado en vós unha boa provisión de ilusión. Coma a Moura coa súa sabedoría, agardamos ter acendido esa faísca de maxia que gardamos todos.

E mesmo os Trubincos ensináronnos que, ás veces, o máis caótico é o máis divertido. A música é así: non se ve, pero dános forza cando máis a precisamos. A maxia do Nadal de Galicia non se perdeu, recuperámola xuntos, nota a nota, debaixo desta nosa treboada de sons e contos. Un galano de contos!

Emotivo e fermoso concerto de Nadal tivemos onte coas bandas infantil, de iniciación, e xuvenil dirixidas polo gran director Daniel González Troncoso do Ateneo Musical de Bembrive. Grazas á Escola de Música, á rapazada das bandas, ás familias, a todos por vir!!

Cinema Marabillas en Beluso

Que tarde de aventuras vivimos! As nosas cativiñas e ás súas familias, foron verdadeiras heroínas, enfrontándose xuntas a: temibles tornados, a malvada Raíña de Corazóns, ogros, a tropa do malévolo Capitán Garfo…

Demostramos que unirse contra os malos é a mellor forma de medrar!

Foi incrible ver como Cinema Marabillas.Ver para ler nos mergullaba nas primeiras adaptacións cinematográficas literarias dalgunhas das miñas historias favoritas.

Mil grazas a Carmen do Concello de Bueu por contar comigo na súa fantástica programación de Nadal

Últimas sesións de A Touporroutou no Museo do Pobo Galego

Que xornadas tan emocionantes e enriquecedoras vivimos coas últimas sesións de A Touporroutou no Museo do Pobo Galego!

O corazón do proxecto, as incansables recolledoras de cantigas dos centros educativos, deambularon maxistralmente polas distintas idades da vida dunha cantareira, tecendo un fermoso e emotivo fío musical

– Do nacemento á infancia: Desde os primeiros e tenros arrolos da nai, que as mecen ao chegar a este mundo.

-A madurez e a vellez: Ata a súa última etapa, onde xa como grandes artistas, fan xiras por Europa levando as nosas cantigas e música galega.

Unha viaxe sonora que demostra a perdurabilidade e a vitalidade da nosa música popular. Vivan ás Touporroutou de onte, hoxe e mañá! O seu legado resoa e inspira ás novas xeracións.

Agradecementos especiais: Quero expresar o meu máis sinceiro agradecemento ao Museo do Pobo Galego por abrir as súas portas e ser o marco perfecto para esta iniciativa. E, por suposto, un agradecemento moi especial a Carminha e Ana pola súa inestimable confianza no meu traballo. É unha honra colaborar con vós e seguir construíndo proxectos tan valiosos para a nosa cultura.

CEIP Jose Cornide + Alice Guy: Recoñecendo á pioneira!

Hoxe estiven no CEIP Jose Cornide da Coruña coa contada Cinema de historias da man de Alice Guy.

O seu proxecto anual é o cine e non podía faltar a figura que o iniciou todo!

Alice Guy foi a primeira persoa en contar unha historia de ficción na gran pantalla, unha directora silenciada durante anos por ser muller.A rapazada e o profesorado quedaron abrasados ao descubrir a súa vida e as súas películas!

O máis inspirador? As súas historias, case sempre protagonizadas por mulleres valentes e loitadoras. Recuperar a Alice Guy é facer xustiza coa historia do cinema!

Grazas por esta mañá de cine e reivindicación! Que importante é recuperar estas figuras! O cinema non se entende sen Alice Guy. Grazas ao CEIP Jose Cornide por tanta escoita e agarimo, e por facer este oco para a historia e para a reivindicación. A próxima xeración de cineastas pode estar entre estas estudantes!

Sabías que…?

Alice Guy comezou a traballar coa cámara cando ninguén cría que o cinema tivese futuro.

Ela experimentou coa cor e o son moito antes de que fosen habituais.

A viaxe de Nano na biblioteca Juan Compañel

A Biblioteca Juan Compañel de Vigo acolleu esta tarde, con entradas esgotadas, dúas quendas da nosa contada máis “riquiña”: A Viaxe de Nano. Ver a sala chea de cullarapiñas e as súas familias, coa atención posta no noso pequeno protagonista, é a mellor recompensa.

Quen é Nano? Un monicreque que medra
Para quen non o coñeza, Nano non é unha ra calquera. É un simpático monicreque, verde e cheo de enerxía, que ten a peculiaridade de medrar en galego. Os contos de Nano nacen da necesidade e do desexo de tecer historias propias, inventadas no momento e adaptadas á vida cotiá, sempre coa nosa lingua como ferramenta principal.

A viaxe que presentamos onte tocaba un tema universal e complexo: aprender a compartir.

A nosa ra é rebuldeira, gústalle moito xogar e gardar os seus tesouros só para el. Ao longo da aventura, as nenas e nenos puideron sentirse identificados con ese desexo de non quitar ollo das cousas que son importantes para un, pero tamén coa frustración que pode xerar o egoísmo.

Risas e recoñecemento nas trasnadas
A complicidade do público foi inmediata. As risas eran constantes. O Nano monicreque é un mestre nas trasnadas e nas situacións disparatadas, e eses momentos divertidos son cruciais para que as mensaxes calen sen sermóns. Vimos como as familias e os pequenos seguían con intensidade as peripecias da ra, dándolle ánimos e recoñecendo na súa aventura o seu propio proceso de maduración.

O final máis doce: bicos de ra!
Se a viaxe de Nano é sobre medrar, o final debe ser unha celebración dese crecemento. Despois de moitos intentos e tras unha divertida lección, Nano, por fin, descobre a alegría de dar. A maior mostra dese cambio foi o reparto de moreas de bicos de ra!

Este acto, sinxelo e doce, pechou a contada deixando un sabor inmellorable. Demostroulles aos asistentes que as emocións, tanto a reticencia inicial a compartir como a felicidade posterior de facelo, son parte da viaxe de todos.

Por que contar con Nano?
– Identidade e Lingua: É unha oportunidade marabillosa para que os máis pequenos se divirtan e creen afectos coa lingua galega.
– Educación Emocional: A través do xogo e do monicreque, traballamos valores como a empatía e a xenerosidade.
-Comunidade: As familias participan, e o acto convértese nun espazo de encontro e risa colectiva.

Moitísimas grazas á Biblioteca Juan Compañel e a todas as familias de Vigo por facer de “A Viaxe de Nano” unha xornada inesquecible. Agardamos vervos pronto en novas aventuras!

Na túa man. Contos pola igualdade no Pereiro de Aguiar

Contos pola Igualdade: A Viaxe de Nellie Bly con “Na túa man”

Con motivo do 25N, tiven a sorte de levar o espectáculo “Na túa man. Contos pola igualdade” no Pereiro de Aguiar, nunha iniciativa fundamental organizada polo CIM (Centro de Información á Muller) do concello.Nesta viaxe teatral e narrativa, coa figura de Nellie Bly como guía, puxemos o foco en desmitificar o “amor romántico” e construír relacións interpersoais máis fortes e saudables.

A través da historia de Nellie Bly —a pioneira do xornalismo de investigación que viaxou arredor do mundo—, exploramos

-O valor do respecto e a tolerancia: Fundamentos para a convivencia.

-Comunicación saudable: A clave para resolver conflitos sen mitos nin dependencias

-Novos modelos de parella: A procura de relacións baseadas na igualdade e a liberdade persoal.

Foron dúas xornadas educativas e emocionantes:   o1 de decembro: Centro dos Gozos, para o alumnado do CEIP Ben-Cho-Shey e dlia 2 de decembro no Colexio Miraflores.

Moitas grazas ao CIM de Pereiro de Aguiar por promover estes espazos de reflexión tan necesarios e grazas aos centros educativos por acollernos.

Agardo que a historia de Nellie Bly inspire a seguir construíndo un futuro en igualdade.A seguir viaxando pola igualdade!

Raposadas na Biblioteca de Ordes

Que público tan entusiasta na Biblioteca de Ordes, demostrando que as historias son un lazo que nos une a todos. Así de ben o pasamos facendo Raposadas:

Raposadas na Biblioteca de Rialeda, Oleiros

Unha contada de Raposadas moi especial, un público entregado!! Na que ademais tiven a honra de recibir a visita da profesora Ángela e dalgunhas alumnas do obradorio Conto Contado que impartín precisamente onte na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Ver o seu apoio e paixón polos contos despois de compartir técnicas de narración foi un agasallo!

Obradoiro “Conto Contado” na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña

Que privilexio volver á Universidade da Coruña para impartir o obradoiro de narración oral inclusiva CONTO CONTADO! Unha xornada inesquecible que uniu a alumnado de Espazo Compartido e futuras/os mestras/os de 2º de Infantil da Facultade de Ciencias da Educación.Aprendemos a usar o conto como ferramenta educativa e expresiva

Voz e Dicción: Técnicas para atrapar ao público infantil.

Corpo e Xestos: Dando vida aos personaxes, fomentando a expresión emocional.

A creatividade, a imaxinación e a inclusión foron as nosas claves para xerar confianza e comunicación entre todas e todos os participantes.Grazas por esta experiencia tan enriquecedora e chea de maxia! ✨ Unha ledicia volver a compartir con vós. A seguir xogando cos contos!

Grazas polas vosas verbas:

O obradoiro foi impartido pola filóloga, actriz e titiriteira Raquel Queizás, quen nos guiou nunha viaxe polos contos clásicos como “Os 7 cabritiños”, “O coelliño branco” e “A galiña roxa”.Durante a sesión aprendemos a contar contos como ferramenta educativa e expresiva, practicando técnicas para proxectar a voz, coidar a dicción e manter a atención do público infantil. Tamén exploramos como crear personaxes empregando o corpo, os xestos e a postura, favorecendo a expresión emocional e a representación de diferentes situacións.Ao longo da actividade salientouse a importancia da creatividade e da imaxinación como claves para fomentar a participación, a confianza e a comunicación entre todas e todos os participantes. Unha experiencia divertida, enriquecedora e chea de maxia. Grazas por convidarnos a compartila!

Cinema de Historias da man de Alice Guy en Carballo

Non podemos cambiar o exilio histórico ao que foi condenada durante décadas, por ser muller, pero si podemos facer xustiza con ela a partir de agora. É tan sinxelo como contar a súa historia. Porque ademais é unha fantástica historia: todo empezou cun soño, un xefe que a subestimaba e uns repolos máxicos. Quen non querería coñecer a vida de Alice Guy? A nai do cinema.

As familias de Carballo achegáronse onte pola tarde ata as Escolas do Xardín Agra de Caldas para descubrila.

O rematar recomendei, como fago sempre, libros para seguir investigando sobre ela, como “Unha veciña de película” da gran Iria Misa. Por último, tivemos unha riquísima merenda.Grazas por vir!! E grazas a Carmen, a Cristina e a Maica Ures (Concelleira de Igualdade) por contar comigo.

Cinema de Historias da man de Alice Guy en Rianxo

Visibilizar o contributo das mulleres ocultas durante séculos é importantísimo e moi necesario para medrar con referentes femininas e poder vibrar en harmonía como mulleres libres. Grazas mestras e rapazada  do CEIP Ana María Diéguez pola vosa atención e agarimo. Agora xa sabedes o marabillosa e valente que foi a gran Alice Guy, e non o tivo nada fácil.

Grazas de novo ao CEIP Ana María Diéguez de Asados (Rianxo) por facer posible esta función no Auditorio de Rianxo, e grazas tamén polas fermosas verbas sobre o espectáculo:

Hoxe 25N trasladámonos ao auditorio para gozar do espectáculo de Raquel Quizás: Cinema de historias. Unha proposta fascinante que nos levou a descubrir a vida de Alice Guy, unha das grandes pioneiras do cinema mundial, creadora valente e imaxinativa… e tamén unha muller silenciada durante décadas pola historia oficial.Neste Día Internacional contra a Violencia de Xénero, lembramos a importancia de dar voz ás mulleres borradas, ás que abriron camiño e ás que aínda loitan por ocupar o lugar que lles corresponde.

Cambio e Conto en Cariño

Nano é o irmán maior, Nona é a irmá pequecha. Xuntos fan un gran equipo, medrando en igualdade…

Que ben o pasamos no Punto de Atención a Infancia de Cariño coa sua historia!

Cambio e Conto en Betanzos

Nano está moi feliz, naceu o súa irmá máis pequena, Nona, e vai coidar dela. Pero ao chegar a noite Nona non quere ir á cama. Nano ten unha misión, conseguir durmir a Nona sexa como sexa. Cambio e Conto nos Sábados Miúdos que organiza o Concello de Betanzos

Romaría en Coristanco

Onte xoves, 20 de novembro, contei para as familias de Coristanco Romaría contos e lendas da nosa terra poñendo no centro á Muller do Rural. Público incrible e moi participativo!

Grazas tamén polos agasallos e por esas patacas fritidas de Coristanco (As mellores do mundo mundial1)

Ata o próximo conto!!

Na túa man. Contos pola igualdade no CEIP Carballal-Cabral

O CEIP Carballal de Cabral (Vigo) crea un Mundo Violeta!

Hoxe celebramos no CEIP Carballal de Cabral o seu merecido 2º Premio do Certame de  Poesía organizado pola Deputación de Pontevedra, cunha sesión especial de contos: “Na túa man. Contos pola igualdade”! Inspirada pola fascinante historia de Nellie Bly, viaxamos arredor do mundo para falar de:

1. Igualdade de oportunidades.

2. Identificación da violencia machista.

3. A importancia de que a rapazada axude e sexa protagonista do cambio.

O alumnado de Infantil e Primaria demostrou unha escoita exemplar e un agarimo incrible.Grazas á Deputación de Pontevedra por facelo posible, e ao CEIP Carballal por escollerme e pola súa entrega!Lembrade: Está na túa man, na nosa man, conseguir un Mundo Violeta

Romaría en Laxe

Lembranzas en Laxe: Unha “Romaría de Contos”

O Auditorio de Laxe acolleu este 15 de novembro unha das miñas sesións de contos, cargada de emoción, memoria, historias de vida e tradición: a actuación de Romaría: Contos e lendas da nosa terra.

O espectáculo, que recupera a esencia das xuntanzas e romarías de antes, converteuse nunha sesión entrañable onde as espectadoras non só escoitaron, senón que tamén se converteron en protagonistas.Grazas por compartir a vida!Quero agradecer a todas as persoas que asistiron e, de xeito moi especial, a aquelas que con tanta xenerosidade compartiron as súas vivencias e anécdotas.

Fixestes do Auditorio de Laxe un auténtico fogar de lembranzas.

A cultura galega é isto: un tesouro que construímos e compartimos xuntas!Grazas tamén ao Concello de Laxe e a Deputación da Coruña por contar comigo.

Nano vai á escola en Carnota

Nano vai á Escola en Carnota!! Este venres, 14 de novembro, o Salón de Actos do Concello de Carnota encheuse de ledicia e das risas das máis cativas.A sesión estaba dirixida ás nosas cullarapiñas de 1 a 5 anos e ás súas familias, e o resultado non puido ser mellor: foi un éxito rotundo!

As nenas e os nenos, xunto cos seus pais e nais, mergulláronse nas aventuras de Nano, demostrando que medrar coa nosa lingua é unha experiencia chea de emoción e aprendizaxe. Quedou curta! A mellor proba do ben que o pasaron? Que a sesión se lles fixo curta! Houbo que facer un esforzo para marchar, pois as pequenas e os pequenos (e algún que outro adulto!) non querían que a aventura rematase…Quero agradecer a todas as familias de Carnota por participar con tanto entusiasmo e ao Concello de Carnota por apostar polo programa APEGO e por iniciativas que promoven o uso do galego dende a primeira infancia.

Cinema de Historias da man de Alice Guy no CEIP Campomaior de Ordes

Xornada de Cinema de Historias  no CEIP Campomaior de Ordes! Que mañá máis especial e enriquecedora vivimos en Ordes! Moitísimas grazas ao CEIP Campomaior pola fantástica acollida á miña actuación sobre Alice Guy, a auténtica pioneira do cinema de historias.Foi unha alegría inmensa compartir a figura de Alice e a súa crucial contribución coa rapazada e o profesorado.

A vosa curiosidade e entusiasmo son a mellor recompensa!Un agradecemento especial tamén polos agasallos tan agarimosos que me fixestes.Levádesvos un anaco do meu corazón! Agardo que tamén vos gusten os libros recomendados, entre eles “Unha veciña de película” da gran Iria Misa.

Esta actividade foi posible grazas ao apoio da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG). É fundamental seguir visibilizando e coñecendo a estas novas referentes de mulleres que cambiaron a historia.Seguimos espallando a cultura e a igualdade!

Somos Iguais no CEIP Vedas da Barreira

Xornada de igualdade e diversión no CEIP Vendas da Barreira!

Hoxe tivemos unha mañá incrible compartindo con todas e todos vós “SOMOS IGUAIS: Contos pola Igualdade”‘. Grazas a todo o alumnado, familias eprofesorado por participar con tanto entusiasmo e por escoitar con tanta atención as historias de igualdade e respecto.

Moitísimas grazas á ANPA do CEIP Vendas da Barreira pola organización impecable e por facer posible que contos coma estes sigan chegando ás escolas.

Lembrade que esta actividade foi subvencionada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Seguimos tecendo a rede da coeducación!

Moitas grazas ao CEIP de Vedas da Barreira polas suas verbas e o video que publicaron no seu blog:

Dámoslle volta ao conto. Contos pola igualdade en Baiona

Esta semana vivín unha marabillosa aventura polos colexios de Baiona (CEIP Fontes, CEIP Belesar, CEP Sabarís, EEI O Areal, Galescola Baiona e CEPI Cova Terreña) con Dámoslle volta ao conto, unha actividade que me levou por todos os centros educativos do municipio. Máis de 300 nenas e nenos de educación infantil e primeiro ciclo de primaria participaron nesta proposta chea de historias, emocións e reflexións.

Con contos tradicionais de diferentes culturas, obxectos e monicreques, propuxen darlles a volta ás historias para romper roles e estereotipos sexistas, e facer visible que todas e todos podemos ser protagonistas, sen importar o xénero. Moitas destas historias naceron da tradición oral e das lembranzas da miña avoa, que sempre me inspirou a contar e a mirar o mundo con ollos curiosos e libres.

Esta actividade formou parte do programa Baiona Lila, impulsado pola Concellería de Igualdade, dirixida por Sheila González Martins, e contou co apoio da Deputación de Pontevedra dentro do programa de sensibilización en igualdade e prevención da violencia machista.

Moitas grazas de novo pola vosa escoita e participación! Quero agradecer de corazón a todos os centros educativos que me acolleron en esta  xira de Contos pola Igualdade co espectáculo Dámoslle Volta ao Conto e Nano e Dara.

A vosa escoita activa, as vosas preguntas e a vosa participación foron a mellor recompensa e o mellor impulso para seguir traballando con máis forza! .

E por suposto, un agradecemento moi especial ao Concello de Baiona pola súa confianza en min e na forza transformadora dos contos para promover a igualdade. Sen o voso apoio, isto non sería posible.

💜🚀 Seguimos a darlle volta aos contos e ás ideas!

Cinema de historias da man de Alice Guy en Mondariz

Cantas amigas do Concello de Mondariz marcharon do Auditorio con ganas de ver máis películas desta xenia, pioneira do cinema. Agora xa coñecen á gran Alice Guy, a nai do cinema. Grazas por vir, grazas por contar comigo!!

O Eco das Pedras en Coristanco

Non se pode querer nin valorar a quen non se coñece… A moura, a nubeira son as nosas heroínas, superheroínas. Xa vimos que non teñen nada que envexar á muller marabilla, por exemplo. Grazas, Concello de Coristanco por deixar entrar na vosa biblioteca O Eco das Pedras.

E grazas tamén polas fermosas verbas:

Hoxe gozamos dunha mañá chea de emocións e contos que falan da nosa terra, da memoria e das historias que permanecen gravadas nas pedras. Agradecemos a Raquel Queizás (Queliña) por achegarnos unha proposta tan fermosa, coidada e inspiradora, capaz de conectar co público de todas as idades e facer vibrar a nosa biblioteca. Un verdadeiro pracer recibirte unha vez máis en Coristanco, enchendo de vida e palabras este espazo.

Caso Pechado no IES Escolas Proval

Veño de compartir a miña paixón polas historias de suspense, de misterio coa rapazada de terceiro da ESO na biblioteca do IES Escolas Proval de Nigrán, co espectáculo Caso Pechado.

Grazas pola vosa atención e grazas tamén por axudarme a resolver o último, que non o derradeiro, caso. Agradecida, tamén, a Iria Misa por facelo posible e a Eva da biblio por estar pendente de todoooo!!! Ata a próxima historia!!!

Grazas ao Instituto polas súas fermosas verbas: A incomparable @raquelqueizas visitounos co seu espectáculo “Caso Pechado”, unha viaxe chea de misterios, historias arrepiantes e moita imaxinación. As luces baixaron, os silencios falaron… e o público non perdeu detalle

Cambio e conto en Nigrán

Que mellor maneira de celebrar o Día das Bibliotecas que vivindo aventuras con vós!

Hoxe na Biblioteca de Nigrán puidemos desfrutar con “Cambio e Conto”, as aventuras de Nano a ra e a súa irmá Nona.

A pequena Nona non paraba quieta, non quería durmir, pero entre obxectos, monicreques e un bo conto (sacado, por suposto, da súa biblioteca favorita conseguimos que entrase no mundo dos soños!

Grazas a todas as familias por vir e compartir esta tarde tan especial chea de risas, emocións e moita maxia. As bibliotecas son un tesouro, e a de Nigrán é unha xoia!

Raposadas en Trazo

Hoxe fixen Raposadas acompañada da rapazada do Centro Público Integrado Pequeno de Trazopara festexar o Día da Biblioteca. Grazas tamén a Elena do Concello de Ttrazo e a Deputación da Coruña por facelo posible. Seguimos!!

Próximas funcións

setembro 2026

xoves17setembro18:0019:00Nano vai á escola no Espazo Apego

venres18setembro18:0019:00Dámoslle volta ao conto! en Carballo

venres25setembro20:0021:00Raposadas en Boiro

outubro 2026

venres02outubro17:0018:00Cambio e conto na Biblioteca de Pontevedra

venres09outubro11:0011:45Cambio e conto no Val do Dubra

venres16outubro18:0018:45Cambio e conto no Milladoiro

sábado17outubro12:0012:45Cambio e conto no Castiñeiriño

sábado24outubro12:0013:00Raposadas en Nigrán

Ver toda a axenda

Falan dos espectáculos:

Ver todas as noticias

X