A Sinfonía das Fábulas

Moi feliz da gran acollida que tivo onte A sinfonía das fábulas, no Teatro Principal de Pontevedra dentro da programación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, Moitas grazas a todo o equipo que fixo posible este proxecto: á Banda Municipal de Pontevedra, o seu director Rafa Agulló Albors e a Itziar Ezquieta, directora do Máster en Libro Ilustrado da Facultade de Belas Artes.

Grazas ao Salón do Libro de Pontevedra polo apoio e a Orbil por vir a facer con todoooo o público percusión corporal. Ao rematar entre moitos abrazos dos cativ@s os pais me preguntaban cando  volvedes repetir…

As fermosas fotografías son de Mónica Patxot, publicadas no xornal Pontevedra Viva

Cambio e Conto na Biblioteca de Mera (Oleiros)

A Biblioteca Municipal “María José Trincado” de Mera (Oleiros), acolleu a representación de Cambio e Conto, o meu novo espectáculo de contos para bebés:

Dulcinea na Mancha

Para celebrar o mes do libro, este ano entre moitas contadas en colexios e bibliotecas, quero destacar o ben que o pasei co meu espectáculo de narración oral Dulcinea ten moito que contar na excursión cos adolescentes á Mancha

Dulcinea foi convidada polo Clube de Lectura, do Departamento de Lengua e Literatura do IES Universidade Laboral de Ourense e o CPI O Cruce de Cerceda a unha viaxe literaria.

Visitamos a Casa de Cervantes en Alcalá de Henares, o meu namorado agardábame na porta, actuei  no Corral de Comedias para mozas e mozos namorad@s e pola noite xa nos perdemos polas covas misteriosas de Toledo. E o día seguinte…

“Donde se cuenta como prosiguen las aventuras de Dulcinea, mitad dama, mitad pailana”.
No segundo día visitamos o muiño “Rucio” en Consuegra, fomos ver a Cova de Medrano, onde se cre que Cervantes cautivo comezou a escribir o libro, xantamos na Venta del Quijote e corremos polas rúas do Toboso e tomamos a praza.
Dulcinea, esgotada, dorme entre páxinas, dame a min no naris que pronto vai volver  sair…

Xa rematou o roteiro literario cos institutos, foi unha fermosa aventura.

Conto me Río en Dorneda

A Biblioteca Pública  Mª José Ruso de Dorneda (Oleiros) recibiu a visita de Nano, dentro da programación “A Hora do Conto”, cun espectáculo de contos pensado para os máis pequenos: Conto me Río 

Festival Atlántica 2016

Foi un unha grande honra e un maior pracer participar na gala inaugural do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, que xa vai pola súa cuarta edición da man do bo facer da súa directora, Soledad Felloza.

A noite do 12 de marzo, puiden compartir o escenario do Teatro Principal de Santiago de Compostela con comañeiras e compañeiros narradores da talla de Aldo Méndez (Cuba), Cucha del Águila (Perú), Ana Sofía Paiva (Lisboa), Carolina Rueda (Colombia), Vitor Fernandes (Tras-Os-Montes), Valter Péres (Azores), Charo Pita, Avelino González, Ángeles Goás, Quico Cadaval, Cándido Pazó, Celso F. Sanmartín, Caxoto e Gema Santos (Galicia).

Do 12 ó 17 de marzo, unha chea de actividades programadas en diversos espazos de Santiago de Compostela. Recomendo botarlle unha vista ao interesante programa de este ano, que inclue actividades coma o  Vermú de Contos,  un maratón de contos para nenos/as e un largo etcétera.

Contos pola igualdade en Cee

Cheguei co meu cestiño cheo de contos que falan de igualdade a Casa da Cultura de Cee, dentro dos actos organizados pola Concellería de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego para conmemorar o Día Internacional da Muller. En dúas sesións, as alumnas e alumnos de primaria dos colexios Manuel Rial Mouzo e Eugenio López seguiron con moitísimo interese as historias que falaban de respecto e igualdade.

Xa está ahí o Festival Atlántica 2016

O festival Atlántica concibe Galicia toda como un porto de mil cincocentos quilómetros de pantalán, no que atracarán historias dos países que beirean o océano Atlántico, un enorme espazo cultural. Contadores e contadoras de Galicia, Cuba, Perú, Azores, Colombia… Atlántica baséase nunha programación inzada de historias para todas as idades, pero tamén no debate, na reflexión e no diálogo sobre a creación literaria e a lectura. Na web do festival xa se pode ver moito do que será Atlántica.

Gústame o que fago

Moito me gusta o que fago, contar, actuar, xogar, crear, … Hoxe, nun dos institutos nos que actuei, unha alumna de 16 anos tíñame preparada esta carta, leuna diante de todos os seus compañeiros cómplices. Así se anima a ler, é a miña modesta opinión.

Moitas grazas!

Nano Canta Croac na Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

Nano canta croac cando está contento, pero hoxe na Biblioteca de Vigo estaba moi calado. Que lle pasa a Nano?
As veces non é doado saber como nos sentimos.  Estamos tristes ou  anoxados?
Nano canta croac e un conto musical para axudar ós pequechos a expresar como se senten.

Ler conta moito 2016

Xa está dispoñible o catálogo de actividades de Ler Conta Moito, o programa de dinamización da lectura que a  Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición  da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

E entre as actividades seleccionadas para incorporarse ó catálogo de este ano 2016, encóntranse dous dos meus espectáculos de contos: Mariña, contos nacidos do mar,  e A Orixe:

Mariña foi unha serea galega que viviu entre nós hai moitos anos. Ao seu fillo contáballe lendas e mitos dos seres mariños que poboaban os fondos do mar.  Agora comparte con nós todas as súas historias e traenos unha mensaxe moi urxente de parte do océano, que o coidemos e que non esquezamos que nas súas augas naceu a vida.

A Orixe é un espectáculo de narración oral, manipulación de obxectos e monicreques. Unha exploradora chega á biblioteca para compartir as narracións escoitadas nas súas expedicións polo mundo. Ante os nenos e nenas dramatizará as lendas e contos coa axuda de pequenos tesouros recollidos nas súas viaxes.

Historias da Maletra en Ordes

Tiven o pracer de visitar por vez primeira a Biblioteca Municipal de Ordes. As nenas e nenos seguiron con moito interese as historias que eu ía sacando da miña Maletra.

O xornal “El Correo Gallego” fíxome esta entrevista por mor de esta actuación.

Nas nubes na Biblioteca Nodal de Pontevedra

Aterrando de novo en Pontevedra con “Nas Nubes”, o espectáculo de narración oral para nenas e nenas maiores de 3 anos. O público gozou moito con a viaxe a través da imaxinación que propón este espectáculo.

Gatuxo no Auditorio Municipal de Carballo

Gatuxo chegou e encheu o Auditorio Municipal de Carballo!. O paso como unha meniña coa familia Gatuxo, ademais de escoitar fermosas cancións todo o día, a mamá Maria Faltri brinca comigo, o papá Magin Blanco fai uns purés riquísimos e Nene, Jorge Juncal, o meu irmán maior, ensíname xogos moi divertidos.

Eu non paro de argallar trasnadas co meu gatuxo, ha,ha,ha!!!

A actuación foi reseñada en La Voz de Galicia do 22/01/2016, e o fotógrafo José Manuel Casal fixo estas preciosas fotografías.

A próxima cita con Gatuxo será o 26 de febreiro en Tui.  Vémonos alí!

Nas Nubes na Biblioteca Nodal de Vigo

Xa facia algún tempo que non sobrevoaba a Biblioteca de Vigo, así que voltei con “Nas Nubes”, o espectáculo no que se viaxa coa imaxinación na procura de contos que se agachan por todas partes…

Nano Canta Croac na Biblioteca Nodal de Ourense

O público encheu a sala infantil da Biblioteca Nodal de Ourense para recibir o novo espectáculo de contos e monicreques para bebés: Nano Canta Croac.

Velaí Nano a descansar despois da función:

Entrevista para “The adventure of reading”

‘The adventure of reading’ é un proxecto de educación de persoas adultas subvencionado polo programa Erasmus+ , no que participaron Xandobela, educación e cultura (Galicia), La Corte della Carta (italia) e a Associação Para o Desenvolvimento de Pitões (Portugal).

Estas organizacións que traballan na animación á lectura/literatura desde enfoques diferentes (tradición e narración oral; teatro e creación de recursos; mediación para a animación á lectura)van compartir os seus coñecementos e experiencias para crear e testar novos enfoques e métodos innovadores para o fomento do hábito lector.

No marco deste fermoso proxecto, fixéronme unha entrevista coma profesional do eido da animación a lectura:

Cal é o teu nome e/ou como che gusta que te chamen? Raquel Queizás. Raquel é o meu nome e Queizás o nome dunha das aldeas ás que pertenzo. Paréceme fermoso levar comigo a miña orixe.

Cando e onde naciches? Onde vives? Nacín en Verín, concello ao que pertence Queizás, na provincia de Ourense. Vivo en Pontevedra.

Con quen che gusta ler? Gústame ler en silencio xunto a miña parella e en alto e moi amodiño coa miña filla Aldara de cinco anos. A quen che gusta lerlle? Leo bastante en alto na casa, sempre que leo tamén interpreto e improviso. Leo e conto contos e lendas á miña filla, e a moit@s nen@s e adolescentes.

Cal é a túa profesión? Son actriz, narradora e monicrequeira. En que consiste? Conto historias de diferentes maneiras a través só da palabra, ou con monicreques e obxectos, maiormente para público infantil e familiar, e tamén para bebés. Onde desempeñas o teu traballo? En bibliotecas, colexios, teatros, auditorios, empresas, na rúa,…

Cal é a túa relación co mundo da literatura e da lectura? Teño unha relación moi estreita. Os primeiros pasos foron as historias, lendas e contos tradicionais que me transmitiu a miña avoa, ela non sabía ler. Cando eu aprendín, compartía con ela as historias e contos dos libros escritos. De pequena lía para a avoa. Lendo tamén descubrín o teatro. Hoxe en día, a literatura e a lectura son as miñas compañeiras de lecer e traballo. A verdade é que non paro de ler, gústame ler pola rúa mentres ando, aínda que me miren raro. Preparo moi a miúdo sesións de contos e espectáculos, gústame pescudar nos libros a mensaxe que quero transmitir, non sempre son valores politicamente correctos, os contos de antes non tiñan diso, o malo ten que ser malo.

Que é para ti a animación á lectura? Eu levei a cabo moitas sesións de animación á lectura por toda España, non só en Galicia. Ao comezo preparaba as sesións seguindo os pasos de grandes teóricos da narración oral, pero co paso do tempo decateime ademais de que, se queres animar a ler tes que mostrar de forma sincera o teu goce polos libros, polas historias, so así se contaxia as ganas de ler, de querer saber máis. Temos que xogar cos contos, crear outros novos, contar en voz alta empregando varios recursos e moito máis.

Cres que é importante? Si, non só é importante, é necesario. A lectura nútrete, dá cor á túa identidade, pode ser un refuxio.

Poderías dicirme algún exemplo de boas prácticas de animación á lectura? Non sei se é un exemplo de boas prácticas: Eu creo que, como dixen con anterioridade, para animar a ler non hai que obrigar, nin simplificar unha historia formulando preguntas para comprobar a comprensión do texto. Para min, conséguese animar a ler transmitindo a paixón pola lectura e xogando con diferentes recursos. Eu emprego a palabra, obxectos, monicreques, diferentes linguaxes… Por exemplo, o ano pasado e este ano, no ámbito escolar, programáronse varias actividades adicadas a Cervantes e eu, como filóloga de hispánicas, creei un espectáculo de narración oral baseado no ‘Quixote’ contado dende o punto de vista da personaxe de Dulcinea ou, por veces, Aldonza, un punto de vista feminino. Este recurso permite adentrar aos nen@s non só no imaxinario da obra, senón tamén coñecer curiosidades da época e do autor, e recrear escenas nas que @s nen@s as viven, non só as escoitan. En varias sesións pasoume que, ao remate, se achegan a min e @s que non sabían nada do tema queren ler máis para saber que ocorre, ou dinme; ‘ non pensei que fose tan divertido…’

E un referente sen lugar a dúbidas? Admiro moito o traballo que se leva a cabo en diferentes bibliotecas galegas. Por poñer un exemplo, que hai moitos máis; destaco ESPAZO LECTURA de Gondomar. A existencia de “Ler Conta Moito” tamén é clave para animar a ler, cando lles falo a compañeir@s narradores de fóra deste programa admiran a proposta.
Fóra de Galicia destaco a labor de animación á lectura que fan dende a Fundación Sánchez Ruipérez e, por suposto, ‘El Maratón de los Cuentos de Guadalajara’ que xa vai pola 25 edición.

Que se está facendo ben? Gústame que se manteñan e creen actividades de fomento lector como “Ler Conta moito”, a hora do conto, obradoiros literarios, ler en familia, clubs de lectura…

Que lagoas ves necesario cubrir? Boto moitísimo en falta aos nen@s de sete anos en diante nas sesións de narración oral nas bibliotecas, ogallá soubese como remedialo. Cando conto para el@s no ámbito escolar, aínda sendo público cautivo, gozan moitísimo coas lendas, cos contos, cos relatos clásicos, coa poesía…
Fan falta propostas axeitadas para el@s. Esta opinión pode resultar polémica, asociando os libros tamén cos videoxogos, xa se fixeron propostas neste ámbito, o videoxogo de ‘Charlie e a fábrica de chocolate’ a partires da versión cinematográfica de Tim Burton.
Se rexeitamos o que hoxe en día @s engancha máis, ao falarlles de libros e lectura parecerá unha obriga e, direi máis, un castigo. Unha boa historia ben escrita, ben contada, engancha, pero non se lela é unha esixencia.
Teño comprobado como gozan @s nen@s escoitando unha lenda tradicional nosa, para el@s é tan fantástica ou máis que os mundos que habitan cos seus videoxogos. Non enfrontemos tradición e tecnoloxía e, sobre todo, preguntémoslle a el@s que temas lle interesan, ás veces escoitalos é a clave.

Respóndesnos cunha palabra?
Un conto: Por cuatro esquinitas de nada.
O teu recuncho favorito para ler: ler pola rúa.
O teu espazo público preferido para a lectura: o tren.
Un contador/a ao que escoitar: Un, unha só? Imposible escoller ,hai moit@s compañeir@s que me encantan, cada un co seu xeito. Cada unha, cada un é unic@.
Un escritor/a ao que ler: Roald Dahl.
Se che digo animación á lectura disme… amor polos libros.

(Enlace á entrevista)

Próximas funcións

maio 2024

2024mércores08maio10:0016:00Cine de historias en Fafe (Portugal)10:00 - 16:00 Teatro Cinema de Fafe

Ver toda a axenda

Falan dos espectáculos:

Ver todas as noticias

X