Xira polas bibliotecas de Salamanca

29 outubro, 2020

Imos de xira, Nano e eu, polas Bibliotecas de Salamanca, será a semana que vén. Estamos dando chimpos de alegría!!! Nano xa preparou a maleta…

Que ben o pasamos Nano e eu na fermosa Biblioteca Pública Municipal Gabriel y Galán de Salamanca. Alí tratáronos moi ben as súas Bibliotecarias Chus e Maribel!! Que riquiñxs xs novos amigxs que fixo Nano, cullarapiñxs que riron, cantaron e bailaron con “El viaje de Nano”. Ah! E aprendimos unha fermosa palabra; revolandera…Mañá seguimos!!

Hoxe foi un día intenso, cheo de cultura segura en Salamanca. Foi unha ledicia ver desfrutar xs cullarapxs salmantinxs!! Moitos de onte repetiron hoxe na Biblioteca de Miraltormes, encheron a sala de risos, chimpos de ra, e aplausos…Moitas grazas a Marta e a Tina por recibirme con tanto agarimo!! A Nano moito lle gusta viaxar!! Mañá rematamos a xira na Biblioteca C.C. Del barrio de La Vega. Grazas, Marieta, por programar e reprogramar!!!

X