Xincana pola igualdade en Caldas

16 novembro, 2021

Dende a nenez pódese previr todo tipo de violencia mediante novos modelos de feminidade e masculinidade rachando así cos roles e estereotipos asignados.

As nenas necesitan outros modelos nos que reflexarse. Dende moi pequenas a sociedade, ensina as nenas que a súa valía está determinada primordialmente pola súa beleza, o seu rol reproductivo, a súa delgadez, por ser sensibles, cariñosas e obedientes e non pola súa intelixencia , asertividade creatividade e capacidad crítica ou de liderazgo.

As emociones non son só cousas de nenas… É moi importante que os nenos aprendan a expresar tamén de forma axeitada as súas emocións, moitas vetadas como xénero, que pode rematar sendo unha das sementes de maltrato no futuro. Teñen que sentirse libres para falar sobre iso, para evitar que esa frustración xenere agresividade e violencia : ”os nenos non choran”, ” so é cousa de nenas”…

O obxectivo desta acción formativa é fomentar a igualdade nas relación entre nenas e nenos, tendo en conta as diferenzas. É necesario analizar conxuntamente os roles e os modelos de xénero igualitarios e previr a adquisición de estereotipos e prexuizos sexistas desde idades temperás.

A través do xogo as nenas e os nenos aprenden e reproducen os patróns de conducta que observan no seu entorno familiar, social, escolar, na publicidade, nos videoxogos…

 

Rachemos cos estereotipos xogando e investigando!

 

Comenzo a Xincana pola Igualdade, que me levará os centros educativos de Caldas de Reis: CPI Plurilingüe Alfonso VI, CPR San Fermín, CPR La Encarnación e CEIP San Clemente.

Que fermoso vídeo fixo Ana, a xefa de estudios do CPI Plurilingüe Alfonso VII da participación da rapazada na Xincana pola igualdade.

 

Tamén nas Salesianas Caldas – CPR La Encarnación agardaban as nenas e os nenos para participar na
Xincana pola igualdade de Somos iguais. Xogan medrando para mellorar o mundo!!

 

 

Moi ben o pasamos tamén no CEIP San Clemente de Caldas xogando e aprendendo en igualdade. Grazas, directora Loli e profes!!

 

E no CPR San Fermín tamén miramos o mundo doutra cor:

 

 

X