Volta O Museo nun cordel !!!

22 outubro, 2024

O Museo nun cordel é unha das actividades do programa escolar do Museo do Pobo Galego para este curso 2024-2025. Unha maneira ben entretida de achegar ao alumnado máis novo o patrimonio inmaterial, a través de contos, adiviñas, poesía oral ou literatura de cordel.

Así de ben o pasamos hai uns días coas nenas e nenos de Xardín da Infancia Raiola.

 

 

 

X