A viaxe de Nano na Biblioteca Nós de Ourense

14 maio, 2026

Hoxe 14 de maio a Biblioteca Pública Nós de Ourende encheuse de ollos curiosos e moitas gañas de aventura. As máis cativas da casa agardaban por Nano, a ra rebuldeira, para marchar de viaxe… Nesta andaina non fixeron só falta maletas, tamén o noso idioma e moito agarimo. Xuntos descubrimos que o galego é a mellor ferramenta para compartir, soñar e facer novas amizades por onde queira que vaiamos.

Mil grazas a todas as familias viaxeiras que nos acompañastes nesta tarde de contos e lingua. Que non pare a viaxe!

 

 

X