A viaxe de Nano en Cerceda
Hoxe “A viaxe de Nano” fixo unha parada moi emocionante na Biblioteca de Cerceda. Nano, a nosa raniña protagonista, aprendeu unha das leccións máis bonitas: que a amizade comeza cun xesto tan sinxelo como compartir a auga. Ver as caras de ilusión dos máis pequenos e pequenas mentres Nano facía o seu primeiro amigo foi o mellor agasallo. E para rematar a festa de convivencia… unha merendola espectacular!
Grazas infinitas a Sonia e Montse por coidarnos tan ben e facelo posible.
E, por suposto, grazas ao Concello de Cerceda e á Deputación da Coruña por apostar pola cultura e polos contos que unen.
Ata o próximo conto!!

