Ven a Conto de Nadal en Vilalba

18 decembro, 2019

Hoxe pola tarde foi un pracer facer “Ven a Conto” de Nadal na Biblioteca de Vilalba.
Caen as primeiras folerpas sobre a vila de Conto. As nenas e os nenos agardan a visita do Carboeiro.
“Hai moito tempo os mellores agasallos os traía el”-conta a señora Teresa, mentres almorza galletas sen presa.
“Traíanos castañas para comer, enredos de madeira para xogar e carbón, si, carbón para non pasar frío…”

Xogo a que Conto se chama esa vila na que eu moro, onde os paxaros libro me contan historias dos veciños e as veciñas. Historias para vencer a soidade, para resolver conflitos de forma positiva, para gañar amigos e perder inimigos. Todas e todos merecemos unha oportunidade para ser mellores.

X