Últimas sesións de A Touporroutou no Museo do Pobo Galego

10 decembro, 2025

Que xornadas tan emocionantes e enriquecedoras vivimos coas últimas sesións de A Touporroutou no Museo do Pobo Galego!

O corazón do proxecto, as incansables recolledoras de cantigas dos centros educativos, deambularon maxistralmente polas distintas idades da vida dunha cantareira, tecendo un fermoso e emotivo fío musical

– Do nacemento á infancia: Desde os primeiros e tenros arrolos da nai, que as mecen ao chegar a este mundo.

-A madurez e a vellez: Ata a súa última etapa, onde xa como grandes artistas, fan xiras por Europa levando as nosas cantigas e música galega.

Unha viaxe sonora que demostra a perdurabilidade e a vitalidade da nosa música popular. Vivan ás Touporroutou de onte, hoxe e mañá! O seu legado resoa e inspira ás novas xeracións.

Agradecementos especiais: Quero expresar o meu máis sinceiro agradecemento ao Museo do Pobo Galego por abrir as súas portas e ser o marco perfecto para esta iniciativa. E, por suposto, un agradecemento moi especial a Carminha e Ana pola súa inestimable confianza no meu traballo. É unha honra colaborar con vós e seguir construíndo proxectos tan valiosos para a nosa cultura.

 

 

X