Trotacontos 2013

7 xuño, 2013

Trotacontos é unha actividade promovida polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, na que participaron sete colexios do concello, e que consiste na elaboración dun conto entre todos os centros, que logo é recopilado, impreso e presentado nos centros.

Neste curso o Trotacontos quixo chamar a atención dos máis pequerrechos sobre a importancia da áuga, aproveitando que a UNESCO,  declarou este 2013 coma “Ano Internacional da Cooperación na esfera da Agua“.

Este ano fun invitada a realizar a presentación dos contos nos centros, así que convertín o libro nun “libro máxico” que se proxectou nas pizarras dixitais dos colexios, o tempo que narraba a historia creada polos nenos. O presentación continou con “A Dona das Fontes”, que lle descóbre aos nenos/as os máis marabillosos segredos da Natureza, a través de contos é lendas recollidas por todos os recunchos da terra.

Os rapaces de primaria elaboraron o conto titulado “O sunami que estragou o país das figuras xeométricas“, no que un tsunami que arrasou un pais formado por figuras xeométricas, vai pasando polas demais escolas e alí acontecen outras historias. Os participantes foron os colexios CEIP Campolongo, CEIP Parada-Campañó, CEIP Marcón, CEIP San Bieito de Lérez, CEIP Santo André de Xeve e a Escola de Verducido.

Os máis pequenos (educación Infantil), crearon a historia “Unha chea de auga“. nos colexios CEIP Santo André de Xeve, EEI Verducido, EEI Fina Casalderrei, CEIP Campolongo, CEIP Parada-Campañó e CEIP San Bieito de Lérez,

A Dona das Fontes no CEIP Santo André de Xeve:

X