Travesías en San Vicente do Grove
Seguro que nunca pensaches entrar no mundo dos contos grazas a unha píntega rabuda, e descubrir que unha princesa de conto tamén pode facer fronte a un temible dragón. Ou que túa avoa, noutro tempo, foi unha valente pirata… Baixo a atenta mirada da cativada e profesorado do CEIP As Bizocas embarcamos na Axencia de Lectura de San Vicente para vivir en Travesías auténticas aventuras de Libro; viaxes cheas de aventuras de nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños. Grazas, tripulación!! Ata o próximo conto!!! Grazas, Uxia, por contar comigo!!
