Travesías en Vilagarcia

25 abril, 2026

Aínda co sorriso no rostro tras a miña primeira visita á Biblioteca de Vilagarcía de Arousa! hoye 25 de abril, para celebrar o Mes do Libro, puxemos rumbo a novas historias coa sesión de Travesías Aventuras de libro. Non puido haber mellor estrea: síntome inmensamente agradecida pola acollida tan agarimosa que me brindaron todas as familias.

Como ben dicía Emily Dickinson: “Non hai mellor nave que un libro para levaros a terras lonxanas”.

Grazas por deixarvos levar e por navegar comigo nesa mañá tan especial. Agardo que sexa a primeira de moitas viaxes xuntas!

Grazas por todo Roberto e Mela.

 

 

 

X