Travesías en Nigrán
Hoxe 23 de abril, coincidindo co Día do Libro, vivimos unha viaxe inesquecible na Biblioteca de Nigrán.
O meu espectáculo Travesías despregou as velas para contar historias de mulleres valentes: mulleres que non se renden, que miran de fronte aos seus medos e que loitan con todo o corazón por acadar os seus soños. Tiven a sorte de contar coa mellor tripulación posible: un montón de familias lectoras que se sumaron á travesía con toda a ilusión do mundo. Grazas por acompañarme nesta singradura!
Botamos moitísimo de menos a Cris, a bibliotecaria. Faltou unha peza fundamental no noso barco, pero estiveches moi presente en cada conto. Cris, que ganiñas de verte xa! Reaproveitaremos para darche unha aperta xigante en canto te vexamos.
Grazas a Nigrán por facer da lectura unha auténtica aventura.

