Travesías en Cartelle
Hoxe pola mañá no CEIP San Marcos de Cartelle grazas tamén a súa ANPA, fomos de Travesías: agardaban por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñecimos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños.
Que gran tripulación feminista coñecín!! Ata fai moi pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a unha débil princesa. E case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. Pero agora podemos contar con contos que transmiten valores de igualdade, de respecto e convivencia entre nenas e nenos e entre mulleres e homes. Mudemos o conto!