Son San en Portosín
Que ben o pasamos con SON SAN, no CEIP Portosín hoxe de mañá.
Así o contan as profes, mil grazas por vivir o conto!!
“Hoxe o alumnado de infantil, 1° e 2° de primaria asistiu a un contacontos titulado SON SAN e creado por Raquel Queizás. Foi un espectáculo de monicreques acompañado de música e pequenas coreografías. Dunha forma moi lúdica e acompañados do protagonista Xan, aprendemos a importancia de facer exercicio, ter unha boa hixiene e unha boa alimentación. Tamén fomentamos a sostibilidade pois os materiais foron feitos todos con material de refugallo. Rímonos moitísimo e pasámolo xenial. Moitas grazas Raquel!!!”