Somos iguais nos colexios de Nigrán
Grazas ao Concello de Nigrán e ao Pacto de estado contra a violencia de xénero, por facer posible as representacións de Somos Iguais en todos os colexios do concello: o 18/11/24 no CEIP Humberto Juanes (2 sesións), o 19/11/24 no CEIP Mallón e no CEIP Carlos Casares, o 21/11/24 no CPI Arquitecto Palacios e no Colexio Angel de la Guarda e o 22/11/24 no CEIP A Cruz- Camos
A través desta divertida sesión de contos as crianzas descubren historias de nenas e nenos que rompen os estereotipos dos contos tradicionais e identifican situacións onde a violencia física e verbal pode ter solución grazas á palabra.