Somos iguais en Moaña

12 agosto, 2020

Grazas a Federación de ANPAS Arco da Vella de Moaña por convidarme a compartir Somos iguais. Contos pola igualdade, e tamén polas fermosas verbas:
Onte no auditorio de Quintela, viaxamos polo mundo con Raquel Queizás buscando contos que fomenten a igualdade porque “Somos iguais”. Ela fixonos reflexionar a peques e maiores de xeito moi divertido sobre cuestions tan importantes como a liberdade de escollar actividades que nos gusten e fagan felices, sen sentirnos discriminados por que sexan “actividades de nenos ou nenas”, ou que levar unha camiseta de cor rosa non ten que ser motivo de menosprezo e risas. Hai que desterrar xa da sociedade estes pensamentos e actitudes machistas, discriminatorios e sexistas. En Moaña, apostamos pola igualdade, queremos un trato igual para homes e mulleres, queremos bo trato e respecto as persoas. Grazas Raquel pola tua contribucion o bo trato!

 

X