Salon do Libro de Pontevedra 2023

10 maio, 2023

 

Para lerte mellor!!! Remataron onte ás miñas sesións de contos no Salón do libro de Pontevedra Marabilla de equipa, sempre coidando, marabilla de contadoras e contadores, marabilla de familias, marabilla de libros amigos!!! E Orbil, o lobiño máis querido por pequenas e grandes!! Grazas por contar comigo un ano máis!!

 

 

E non puiden ter mellor colofón grazas ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra rematei impartindo un obradoiro dentro do congreso de mediación lectora, que honra!! Que mulleres tan creativas, divertidas, toliñas, enxeñosas coñecín. Compartimos a memoria, o xogo, a saudade…que agochan as palabras, os obxectos, os libros, os xoguetes da nenez!!! Chicas, sodes extraordinarias!!! Un obxecto fálanos. Móstranos o fío da madeixa por onde comezar a tirar. Ábrenos as portas da creación. Lévanos de viaxe…

 

X