Romaría no CRA de Valga
Hoxe pola tarde regresei á fermosa escoliña do CRA de Valga para compartir coas familias a miña Romaría de contos e lendas da nosa terra. Acompañamos a Queliña, esa nena de aldea que apuraba a apañar as patacas para poder ir á festa cos seus amigos. Bailamos, brincamos e ata botamos carreiras de sacos!
Pero o mellor momento chegou coa tardiña, cando todos buscamos á avoa Tareixa para que nos contase esas lendas que serven para escorrentar o medo.
Grazas ao CRA de Valga por manter viva a chama da nosa tradición e por recibirme sempre con tanto agarimo.


