Romaría no CEE Príncipe Felipe de Pontevedra
A miña “ROMARÍA” de contos e lendas da nosa terra estivo onte no CEE Principe Felipe de Pontevedra, a rapazada gozou coas nosas lendas. E varias compañeiras Fixéronme unha entrevista na súa radio, que leva un nome moi acaido, por certo, “Vaia leria”. Parabéns!! Grazas, Meli, por contar de novo comigo.