Romaría en Marín

21 decembro, 2025

Onte o tempo fóra estaba para quedar na casa… pero nós estábamos de Romaría! Mentres fóra en Marín caían chuzos de punta, no Centro Comercial Morrazo estábamos a resgardo e da mellor maneira posible: entre contos, lendas e o arrecendo irresistible do chocolate con churros!

Contei Romaría. Contos e lendas da nosa terra, unha viaxe polas nosas raíces que soubo a gloria, grazas ao calor do público. Quero dar un agradecemento enorme á Asociación, a Lois, a Elena, por facelo posible e por apostar pola nosa cultura incluso nos días de temporal. Agora toca desfrutar das festas, pero moito coidado…

Moito ollo coas Trubincas e os Trubincos! Que xa sabedes que nestas datas calquera trasno pode andar a facer das súas. ¡Pasade un Bo Nadal e que non vos falten nunca os contos (nin o chocolate)!

 

 

 

X