Raposadas no Museo do Pobo Galego

30 xaneiro, 2018

Unha raposa chegou ao Museo do Pobo Galego para brincar un chisco coas nenas e cos nenos que nos veñen visitar.  Contoulles un montón de historias. Algunhas que lle ocorreron a ela, e outras que escoitou no monte onde ela vive. Ben, onde vive decotío, porque este inverno parece que vai quedar a carón da lareira do Museo…

Un día fabuloso para facer Raposadas con Coidado no Museo.

Para coñecer como somos, aprendendo a vivir co futuro que aniña nos ollos das crianzas. Respeto pola nosa identidade, polos nosos animais, pola nosa lingua, pola nosa tradición. Entre contos, adiviñas e xogos medramos mellor!

-Que fame!, Cheira a sardiñas! Monchooo, queremos merendar!

-Chsssssss! Non fagades barullo, raposas e raposos. Mirade que xoguetes tan divertidos fixeron as nenas e os nenos na aldea.

-Si, si. O cabaliño está feito con follas de millo.

-Fágamos a última raposada, que non a derradeira!

Continuará….

Campañas escolares no Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, xaneiro, febreiro e marzo de 2018.

 

 

 

 

 

 

X