Raposadas no CRA de Caldas
Máis que contos, unha gran familia no CRA de Caldas! Onte 21 de abril pola tarde, as “Raposadas” fixeron unha parada moi especial no CRA de Caldas. Para festexar o Día do Libro, non só nos xuntamos coas cativas e as súas mestras, senón que tamén abrimos as portas ás familias. Non hai nada máis fermoso que ver a tres xeracións compartindo a risa e a fascinación polas historias da nosa raposa.
Grazas a todos os pais, nais e avoas que viñestes crear este espazo de contos e convivencia. Cando a escola e a casa contan xuntas, as nenas e os nenos desfrutan máis.
Grazas, mestras do CRA de Caldas.

