Raposadas no CPI Dr. López Suárez de Friol
Unha mañá de “Raposadas” no CPI Dr. López Suárez! Hoxe o meu camiño parou en Friol, e non podo volver máis feliz. Visitar o CPI Dr. López Suárez foi desas experiencias que che recargan as pilas por completo, para unha semaniña chea de contadas!!! Dende o primeiro momento, a cativada recibiume cun agarimo inmenso, deses que se senten de verdade. Entre risas e ol
los moi abertos, compartimos un tempo máxico facendo o que mellor sabemos: Raposadas. Escoitamos historias que, tras a risa e a retranca, agochan esas leccións que nos van preparando para a vida. Porque contar non é só entreter, é construír xuntos un mundo de imaxinación e valores.
Sempre é unha ledicia contar para vós. Marcho de Friol co sorriso posto e o corazón cheo grazas á vosa enerxía e hospitalidade. Grazas por tanto agarimo, Friol! Ata a próxima!


E mirade que artistas son as cativas do CPI Dr López Suárez de Friol. Mil grazas polo agasallo, raposiñas e raposiños!!!


