Raposadas en Taboexa

13 xuño, 2024

Non podía faltar!!! Acompañar á cativada da mestra Karina Mouriño polo monte na procura de Mouri, a filla da Moura, é toda unha aventura!! Pode pasar de todo!!! Son fan desta escola rural de Taboexa que se espalla entre prados, fontes, montes, pendentes, petróglifos, covas…A raposa sabe onde é a cova da Moura e ademais de botar unha pata, conta historias para medrar e perder medos. Grazas por convidarme un ano máis!!!

 

 

 

X