Raposadas en Saians
Hai lugares aos que sempre presta volver, e a Asociación de Veciños de San Xurxo de Saians é un deles. Hoxe 26 de abril tiven a honra de ser convidada un ano máis á súa xuntanza, un deses espazos onde a palabra viva cobra todo o seu sentido.
Alí despregamos as miñas Raposadas ante un público marabilloso de todas as idades: dende pequenas de 5 anos ata grandes sabios de case 90. Un dos momento máis emocionante? Cando o señor Suso se achegou para darme as grazas porque os contos lle fixeran viaxar de volta á súa infancia. Ese é, sen dúbida, un dos mellores premios que unha contadora de historias pode recibir.
Grazas, Saians, por manter aceso o lume da memoria.
