Raposadas con Antonio nos colexios de Betanzos

23 abril, 2019

Hoxe, día do Libro, festexámolo contando nos coles de Betanzos !!! Contando quen foi Antonio Fraguas, o noso homenaxeado nas Letras Galegas. Organiza o Concello de Betanzos.

“Ser galeguista non é mais que ser amante da nosa terra”.  Antonio Fraguas.

Foi a súa nenez na aldea coa nai, e a convivencia con Mamá Antonia quen marcou a súa maneira de ser, e espertou nel o amor pola nosa lingua e o noso patrimonio cultural, material e inmaterial . Mamá Antonia traballaba na súa casa, criouno, e a pesar de ser unha muller que non sabía ler nin escribir foi a súa mellor mestra.
“Esta muller era analfabeta, non sabía ler nin escribir, pero coñecía os costumes. Sabía cantigas, adiviñas, contos, . Moitos dos que coñezo ensinoumos ela. Foi a miña gran mestra.” FRAGUAS FRAGUAS, A. “O lugar e a casa onde nacín”Grial, 144,1999,p.625.

Ao neno Antonio gústalle coidar da raposa, algúns días lévaa á súa casa, na aldea de Insuela. Alí xogan, escoitan os contos de Mamá Antonia, buscan respostas ás adiviñas que sabe a galiña e axudan ao sapo a sementar os campos. Ao terminar a colleita comeza a festa, en compañía danzan ao ritmo da pandeireta sabendo que, algún día, o neno Antonio converterase en D. Antonio Fraguas, o primeiro director do Museo do Pobo Galego. Este é un espectáculo de contos de tradición oral con obxectos e monicreques.

X