Raposadas con Antonio en Viveiro

1 xuño, 2019

Ao neno Antonio gústalle coidar da raposa, algúns días lévaa á súa casa na aldea, en Insuela. Alí xogan, escoitan os contos de Mamá Antonia, buscan respostas ás adiviñas que sabe a galiña e axudan ao sapo a sementar os campos. Ao terminar a colleita comeza a festa, en compañía danzan ao ritmo da pandeireta sabendo que, algún día, o neno Antonio converterase en Antonio Fraguas, o primeiro director do Museo do Pobo Galego, o persoeiro homenaxeado neste Día das Letras Galegas do 2019. Así de ben o pasamos na Biblioteca de Viveiro celebrando isto:

X