Para lerte mellor
Xa falta menos para a estrea de “Para lerte mellor”, mañá sesións escolares no Salón do Libro de Pontevedra Este ano o tema é LIBROS PARA XOGAR, xogamos?
PARA LERTE MELLOR
Eu pensaba que había só unha maneira de ler un libro, ata que atopei este libro, vello, pesado, esquecido,…Vivo!!!
Quen le a quen?
Unha lectora descoidada atopa un libro que non se deixa abrir, primeiro quere xogar a un xogo…
Se foses un libro que libro serías?
Lapelas que se levantan, pestanas, acuñes, imaxes emerxentes das que se despregan paisaxes, xorden personaxes e brotan historias. Mecanismos varios postos ao servizo do libro que traspasa o marco, forzan un material cotián, o papel, e reálzano ata convertelo nun obxecto único, capaz de asombrar a lectora, ao lector máis espelido .
Espectáculo de narración oral de libro animado con manipulación de obxectos e monicreques.
Dirixido a un público familiar e a nenas e nenos a partir dos tres anos.
Duración: 40 minutos