“Palabras en la boca” na Biblioteca Torrente Ballester de Salamanca

29 abril, 2021

Esta tarde na Biblioteca M. Torrente Ballester con meu espectáculo de narración para adultos Palabras en la boca.
Pasei a miña nenez escoitando as lendas que contan as pedras de tempos máxicos e remotos. Palabras na boca da miña nai, palabras na boca da miña avoa, palabras que me alimentaron e fixéronme crecer. Deambulando entre historias vividas e lidas, namoreime. Palabras na boca traio para compartir e urdir relatos coa miña voz… e coas miñas mans.

X