Os favoritos de… Raquel Queizás

3 febreiro , 2019

OS FAVORITOS DE…
Unha orixinal proposta organizada polas Bibliotecas Municipais de A Coruña.
Contarei os meus contos favoritos, alá estarei, aínda recuperándome “pasiño a pasiño chégase lonxe”.
Nos vindeiros meses outras compañeiras narradoras e compañeiros narradores, coma Soledad Felloza, Pakolas, Pablo Pablísimo, Rato Fuco, Charo Pita e Paula Carballeira tamén percorrerán as mesmas bibliotecas contando os seus favorítos.

 

E xa comencei  “OS MEUS FAVORITOS” na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga. As nenas e nenos grandes e os pequenos agardaban impacientes por voltar á Biblioteca por primeira vez este ano. Moitas nais decíanlle ás bibliotecarias, María e Bea; “Non sabes canto vos botamos de menos”, mentras os cativos collían un bo sitio. Encántame ver así de cheas as bibliotecas!!!
Grazas polos risos, a complicidade e o agarimo!!!

 

X