Obradoiro de narración oral na Facultade de Ciencias da Educación (UDC)

31 outubro, 2014

Descubrir a narradora, o narrador que levamos dentro, mergullarse nas lembranzas, xogar cos obxectos con memoria… Contar, contar, contar…  e por suposto, compartir:

Por segundo ano consecutivo, a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña, convidoume a impartir un obradoiro de narración oral dirixido aos alumnos de 2º Grao en Educación Infantil da materia Didáctica da Lingua Galega. O obxectivo do obradorio foi compartir a miña experiencia cos futuros mestres para contar un conto de tradición oral a unha aula de educación infantil.

Grazas a Comisión de Normalización Lingüística!  Grazas mestras e mestres do futuro!

X