Obradoiro “Conto Contado” na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña

26 novembro, 2025

Que privilexio volver á Universidade da Coruña para impartir o obradoiro de narración oral inclusiva CONTO CONTADO! Unha xornada inesquecible que uniu a alumnado de Espazo Compartido e futuras/os mestras/os de 2º de Infantil da Facultade de Ciencias da Educación.Aprendemos a usar o conto como ferramenta educativa e expresiva

Voz e Dicción: Técnicas para atrapar ao público infantil.

Corpo e Xestos: Dando vida aos personaxes, fomentando a expresión emocional.

A creatividade, a imaxinación e a inclusión foron as nosas claves para xerar confianza e comunicación entre todas e todos os participantes.Grazas por esta experiencia tan enriquecedora e chea de maxia! ✨ Unha ledicia volver a compartir con vós. A seguir xogando cos contos!

 

 

 

Grazas polas vosas verbas:

O obradoiro foi impartido pola filóloga, actriz e titiriteira Raquel Queizás, quen nos guiou nunha viaxe polos contos clásicos como “Os 7 cabritiños”, “O coelliño branco” e “A galiña roxa”.Durante a sesión aprendemos a contar contos como ferramenta educativa e expresiva, practicando técnicas para proxectar a voz, coidar a dicción e manter a atención do público infantil. Tamén exploramos como crear personaxes empregando o corpo, os xestos e a postura, favorecendo a expresión emocional e a representación de diferentes situacións.Ao longo da actividade salientouse a importancia da creatividade e da imaxinación como claves para fomentar a participación, a confianza e a comunicación entre todas e todos os participantes. Unha experiencia divertida, enriquecedora e chea de maxia. Grazas por convidarnos a compartila!

 

X