O Eco das Pedras no festival do Rei Sol

15 setembro, 2018

Feito con amor, así é o Festival do Rei Sol que leva o nome do protagonista dunha lenda do Castro do Cano dos Mouros. Este festival está organizado pola Asociación Costa dos Castros xunto co Concello de Oia, coa colaboración da Deputación de Pontevedra (Ano da Lingua), a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Viladesuso e a Asociación de Veciños de Viladesuso.

O Castro do Cano é en lugar de lenda, unha guía de conto, unhas veciñas e veciños con moito arte e amor pola nosa terra. Non faltou música, teatro, lendas, risos, empanada, e como non, Sol, con manto de néboa, por culpa dun nubeiro que coñezo ben… Grazas por escoitar!!!

 

X