O Eco das Pedras na Festa da Prehistoria de Mos

10 agosto, 2018

O Eco das Pedras escoitouse na Festa da Prehistoria de Mos, no medio da noite no monte, que mellor lugar!!! . Grazas familias de cromañóns pola vosa atención, agarimo e risos. Ata a próxima lenda!! Parabéns para a Asociación Cultural Viaxamos no tempo pola súa labor. Grazas Marcos Escudero por contar comigo.

Grazas tamén a Rafa Quintía, que despois do seu fascinante faladoiro “Os mouros na tradición oral”, ficou a ver O Eco das Pedras, e escribiu estas fermosas alabanzas:

“Unha marabilla de actuación sobre o noso patrimonio e a nosa mitoloxía. Un espectáculo construído con moita sensibilidade, sentido do humor, afán didáctico, ben documentado e con moito cariño e amor pola arte de achegarlle aos máis cativos as vellas historias que nos fixeron como somos. Os meus parabéns para ela e o meu desexo de que moitos de vós, e dos vosos fillos e fillas, poidades gozar do seu espectáculo.”

Esta representación foi posible grazas á Deputación de Pontevedra.

X