No verán un conto 2019. Vigo en Galego

4 agosto, 2019

E chegou unha nova edición do programa de dinamización da lingua galega a través de contos, monicreques e música. No verán… un conto, que cada verán organiza o Servicio de Normalización Lingüistica do Concello de Vigo.

Foi todo un pracer contar en varios parques e prazas de Vigo durante estas duas semanas. Aquí vai un resumo do meu periplo:

O 27 de xullo saiu o sol e as rapazas e rapaces viñeron á Romaría na Alameda de Bouzas. Agora a contar as lendas vós para que non se perdan!! Grazas por escoitar!!! Grazas ao concello e ao Departamento de Normalización lingúística por contar comigo!! Grazas, Paz da Asociación Cultural de Bouzas por traer as colchas para xs nenxs. E por suposto, mil grazas Ana Facchini por estar pendente de “todo”, vales un potosí!!!


 

O 26 de xullo “Dámoslle volta ao conto” na Praza Ameríca. A ruleta dos contos non parou de dar voltas.
Coñecimos a historia da miña avoa, a Brixida, con 14 anos xa gañaba para manter a familia, non foi á escola, pero o que ela sabía…Os cálculos todos de cabeza. Ao chegar a noitiña montaba na burra para atravesar a Raia Seca e voltar cargadiña de café, aceite, sabas,… de Portugal. O estraperlo. Ela, a miña avoa, era outra muller valente e revolucionaria como tantas. Ela contoume contos que eu descoñecía, de mulleres donas do seu destino e de homes que se liberan da máscara da masculinidade e permítense mostrar a súa sensibilidade”.
Grazas por escoitar!! Que alegría ver a praza chea!! Grazas, Chus e AETRAVI (As Travesas)


 

O 18 de xullo a Romaría tivo lugar na rúa de Londres, ás 20:00 h, detrás do Marco, en Vigo. Lendas de mouras encantadas, de sacos que falan e outros contos de onte que se manteñen vivos hoxe.


 

O 13 de xullo  chovía en Vigo, entón a contada prevista na zona de herba de As Teixugueiras de Navia trasladouse aos soportais da Cafetería Match Point no ximnasio “Más que Agua”. Ao final, a pesar do vento e a chuvia, as familias de Navia achegáronse á Romaría. Había fame de contos!. Grazas, un ano máis a Asociación Veciñal Novo Vigo por contar comigo.


 

O 11 de xullo coñecín un novo parque en Vigo, o parque da Congosteira, no barrio de Santa Rita. Alí nos xuntamos á sombra das árbores para desfrutar cos contos. “Dámoslle volta ao conto”. Grazas por escoitar!!

Ata o próximo conto!!!!!

X