Nanovo en Rois

17 xaneiro, 2025

Os peques de Rois e doutros concellos limítrofes, como Padrón e Dodro, subiron ao escenario do auditorio o pasado venres, 17 de xaneiro, para poder seguir ben de cerca as novas aventuras da rá Nano.
Este espectáculo de obxectos e monicreques, chamado Nanovo e dirixido a familias con crianzas de entre 1 e 4 anos, abriu unha nova edición de ArroRois.

Camiñabamos por unha fermosa fraga cando, de súpeto, caimos nunha poza, nunha fochanca…Tremenda choupada!. Dentro da auga atopamos un ovo grande; dende o seu interior, uns ollos saltóns miraban… Cantas preguntas, cantos risos, cantas ideas deron as cullarapiñas e famílias na tarde do venres.

Ata o próximo conto!! Grazas Anayansi

 

 

 

X