Nanovo en Coristanco

8 maio, 2026

Bebés, rás e moito conto en na Biblioteca de Coristanco! Hoxe 8 de maio vivimos unha tarde moi bonitiña coas familias cullarapas.

Xuntas coñeceron á ra máis rebuldeira, Nano, ese personaxe que medra en galego a través dos contos que invento. Entre cancións, xogos de dedos e palabras suaves, os máis pequenos e pequenas tiveron ese primeiro contacto máxico co mundo dos libros.

Quero dar as grazas de corazón ás familias, ao Concello de Coristanco, ao programa Ler Conta Moito e a Mónica, por acollerme con tanto agarimo. Dá gusto contar así!

 

 

 

X