Nano vai á escola en Ortigueira

8 maio, 2019

Hoxe ás  18h na Biblioteca de Ortigueira foi un pracer presentar “Nano vai á escola”. Seguimos a medrar en galego con Nano.

Nano é unha ra pequena, unha ra que vive cada día unha nova aventura, porque cando se é tan pequeno ata as cousas más sinxelas se converten en todo un reto.
Nano vai ter unha nova experiencia vital… vai ir por primeira vez á escola! Como se enfrontará a esta etapa que comeza desde a súa condición de galegofalante? Nano comeza a etapa escolar e é así como vai descubrindo que desde ese lugar tan diverso, a seguridade de ter personalidade e lingua propia van ser un gran apoio

X