Na túa man en Rianxo

11 marzo, 2026

Hoxe no Auditorio de Rianxo contei Na túa man. Contos pola igualdade para a rapazada do CEIP Ana María Diéguez de Asados. Descubrimos a historia dunha muller que non coñecía a palabra “imposible”: Nellie Bly.

Deulle a volta ao mundo en 72 días, pero o máis importante é que lle deu a volta ás regras da súa época para demostrar que as mulleres podían chegar onde quixesen.

Falar de pioneiras para un cole que leva o nome de Ana María Diéguez é un luxo. Dúas mulleres, unha xornalista e unha mestra, que usaron a súa intelixencia para facer do mundo (e de Rianxo!) un lugar mellor.

Grazas polo voso entusiasmo e por viaxar comigo. Ata a próxima historia!!

 

 

X