Na túa man no CRA de Meis
Hoxe na escola de Paradela, todo o alumnado do CRA de Meis xuntouse para coñecer Na túa man.Contos pola igualdade, grazas á Anpa Rabuñoso Do Cra de Meis Viaxamos con Nellie Bly na procua de novos modelos saudábeis de parella. Atopamos mulleres fortes e decididas, e homes que poden expresar outras emocións que non sexan a rabia e a ira, que está ben mostrar tenrura, e que coidar tamén é cousa de homes. Grazas, Mariña, por contar comigo de novo!