Na túa man en Friol
Este luns 19 de maio, voltei de novo para contar no cole de Friol. Desta vegada compartín coa rapazada do cole de Dr López Suarez a emocionante historia de Nellie Bly, considerada a primeira xornalista de investigación da historia. Non só superou o récord do famoso personaxe de Jules Verne, Phileas Fogg, ao percorrer o mundo en menos de 80 días, senón que tamén realizou outras proezas incribles, como infiltrarse nun centro psiquiátrico para revelar o maltrato que sufrían moitas pacientes mulleres. Unha muller fascinante!!! Grazas ao Concello de Friol e ao CPI Dr. López Suárez por seguir programando sesións de contos a favor da igualdade

