Na túa man. Contos pola igualdade no Pereiro de Aguiar

3 decembro, 2025

Contos pola Igualdade: A Viaxe de Nellie Bly con “Na túa man”

Con motivo do 25N, tiven a sorte de levar o espectáculo “Na túa man. Contos pola igualdade” no Pereiro de Aguiar, nunha iniciativa fundamental organizada polo CIM (Centro de Información á Muller) do concello.Nesta viaxe teatral e narrativa, coa figura de Nellie Bly como guía, puxemos o foco en desmitificar o “amor romántico” e construír relacións interpersoais máis fortes e saudables.

A través da historia de Nellie Bly —a pioneira do xornalismo de investigación que viaxou arredor do mundo—, exploramos

-O valor do respecto e a tolerancia: Fundamentos para a convivencia.

-Comunicación saudable: A clave para resolver conflitos sen mitos nin dependencias

-Novos modelos de parella: A procura de relacións baseadas na igualdade e a liberdade persoal.

Foron dúas xornadas educativas e emocionantes:   o1 de decembro: Centro dos Gozos, para o alumnado do CEIP Ben-Cho-Shey e dlia 2 de decembro no Colexio Miraflores.

Moitas grazas ao CIM de Pereiro de Aguiar por promover estes espazos de reflexión tan necesarios e grazas aos centros educativos por acollernos.

Agardo que a historia de Nellie Bly inspire a seguir construíndo un futuro en igualdade.A seguir viaxando pola igualdade!

 

 

 

 

X